“AS ADMINISTRACIÓNS TEÑEN QUE IMPOÑERSE E OPOÑERSE ÁS LEIS INXUSTAS” DIXO PAZ ABRARIA

“AS ADMINISTRACIÓNS TEÑEN QUE IMPOÑERSE E OPOÑERSE ÁS LEIS INXUSTAS” DIXO PAZ ABRARIA

IMG_6124A voceira do BNG lembrou que “a actual lexislación, imposta polo PP, impide a contración directa do persoal necesario para que o servizo de augas sexa íntegramente público”

Para Abraira anunciou o voto favorable a unha xestión directa do ciclo da auga no vindeiro pleno do concello de Lugo

Lugo, 24 de marzo 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou que o voto do grupo que representa será favoralble a unha xestión directa do ciclo da auga no concello de Lugo. Este asunto será tratado no vindeiro pleno da corporación municipal. Abraira sinalou que será o goberno saído das vindeiras eleccións municipais quen teña que concretar as características concretas para a xestión do ciclo da auga. A voceira do BNG lembrou que “a actual lexislación, imposta polo PP, impide a contración directa do persoal necesario para que o servizo de augas sexa íntegramente público”.

Paz Abraira dixo que “é necesario que o concello aborde a recuperación de servizos que están privatizados”. Abraira sinalou que “se podería recuperar, para a xestión pública, unha parte do ciclo da auga”. No próximo pleno da corporación municipal o BNG vai votar a favor de que a xestión do ciclo da auga sexa unha xestión pública. “Dende o BNG entendemos que as administracións deben opoñerse e impoñerse ás leis aprobadas polo PP, e algunhas polo PSOE, que lles impiden contratar e prestar servizos de calidade” afirmou Abraira.

“AS ADMINISTRACIÓNS TEÑEN QUE IMPOÑERSE E OPOÑERSE ÁS LEIS INXUSTAS” DIXO PAZ ABRARIA