RUBÉN ARROXO APOSTA POLA REXENERACIÓN DOS BARRIOS SEN AGARDAR UN PXOM FEITO Á MEDIDA DA ESPECULACIÓN
O candidato do BNG-Asambleas Abertas afirmou que hai que achegar os servizos aos barrios e coidar as dotacións públicas, a xente non pode agardar polo desenvolvemento dun plan que non ten nada que ver coa súa realidade diaria
O BNG Asambleas Abertas ten previsto un acto aberto para o xoves, 26 de marzo, ás 20:00 horas no colexio de Albeiros para recabar propostas veciñais e presentar as súas propostas para o barrio
Lugo, 25 de marzo 2015. Rubén Arroxo anunciou a celebración dun acto aberto, mañá xoves, no barrio de Albeiros e apostou pola rexeneracion do barrios de Lugo. Arroxo dixo que as veciñas e veciños non poden agardar polo desenvolvemento dun plan xeral feito á medida da especulación para que os sitios nos que viven teñan os servizos e as dotacións públicas ás que teñen dereito. Arroxo dixo que nin PSOE, nin PP fan políticas axeitadas para a xente que vive nos barrios, pola súa óptica ven urbanizacións e edificios feitos para o enrriquecimento de catro especuladores.
Rubén Arroxo dixo que do noso traballo dependerá que os gobernos municipais atendan as necesidades das persoas que fixeron as súas casas nos barrios da cidade e que agora se sinten ameazados pola sombra dun plan xeral trazado en Madrid e pensado para un desenvolvemento da cidade que nunca chegará. Arroxo visitou o barrio de Albeiros, acompañado de membros da candidatura e de militantes do BNG para convidar a veciños e veciñas a participar na xuntanza que se celebrará mañá xoves, ás 20:00, no colexio público de Albeiros.
Arroxo sinalou que en Albeiros hai problemas de cheiros á carón dos cauces fluviais, casas que aínda no teñen saneamento e un dos colexios máis antigos dos do concello que non foi debidamente modernizado e engadiu que os problemas que ten o barrio de Albeiros son facilmente subsanábles se hai vontade política, non son obras de millóns de euros, e nos temos claro que hai traballar para que Lugo funcione.