ARROXO DI QUE O APOIO AO ASOCIACIONISMO NON EXIME ÁS ADMINISTRACIÓNS DAS SÚAS RESPONSABILIDADES
O candidato do BNG-Asambleas Abertas mantivo unha xuntanza con directivas e técnias de ALUCEM para coñecer as necesidades deste colectivo que traballa con persoas afectadas pola Esclerose Múltiple
As asociacións fan máis do que poden pero a Xunta non pode evadir as súas obrigas. Dende o concello loitaremos para que as administracións asuman as súas obrigas afirmou Rubén Arroxo
Lugo, 23 de marzo 2015. O candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, visitou as instalacións de ALUCEM (Asociación Lucense de Esclerosis Múltiple) e mantivo unha xuntanza con técnicas e directivas desta asociación. Arroxo dixo que o BNG sempre tivo clara a importancia do tecido asociativo pero tamén sabemos que as administracións están a descargar sobre as asociacións toda a responsabilidade no mantemento dos servizos ás persoas afectadas. O candidato do BNG-Asambleas Abertas anunciou que manteremos todo o apoio necesario aos colectivos pero tamén usaremos o concello como ariete para esixirlles ás administracións que cumpran coas súas obrigas.
Para Rubén Arroxo son moitas as carencias asistencias das persoas afectadas por enfermedades crónicas e as asociacións xogan un papel fundamental pero as políticas da Xunta teñen que ir dirixidas cara unha mellora nesa asistencia mentres que ata o momento foron dirixidas, unicamente, cara o recorte de axudas e prestacións.
Arroxo dixo que nós apostamos, no seu momento, por dotar espazos para todo o tecido asociativo no edificio do Hospital de San Xosé e seguiremos procurando un lugar máis axeitado para os locais das asociacións por que realmente é necesario e engadiu que non pode ser que existan edificios das administracións arruinándose mentres o tecido asociativo social apenas ten lugar para traballar. Rubén Arroxo dixo que a política do PSOE cos edificios deste concello xa é de todos coñecida e as aspiracións de Castiñeira pasan, unicamente, por converter o edificio da Residencia nunha comisaria de policía e por privatizar aparcadoiros