“PARA QUE LUGO FUNCIONE AS ÁREAS DE LECER TEÑEN QUE SER TOTALMENTE ACCESIBLES” DIXO RUBÉN ARROXO

“PARA QUE LUGO FUNCIONE AS ÁREAS DE LECER TEÑEN QUE SER TOTALMENTE ACCESIBLES” DIXO RUBÉN ARROXO

IMG_7919 Rubén Arroxo manifestou a preocupación da candidatura que representa polas dificultades que teñen as persoas con capacidades diferentes para chegar ata as zonas de ocio

O candidato do BNG-Asambleas Abertas afirmou que “apostamos por instalar columpios accesibles nas zonas de xogo infantil e eliminaremos todas as barreiras que aínda quedan como esta do Paseo Fluvial”

Lugo, 21 de marzo 2015. O candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, visitou a zona do Paseo Fluvial, acompañado do piloto de rallyes Avelino Basanta, para comprobar as limitacións que teñen as persoas que se teñen que mover en cadeira de rodas para acceder a esta zona de lecer a carón do Miño. Arroxo dixo que “para que Lugo funcione as áreas de lecer teñen que ser totalmente accesibles” e engadiu que “non so teñen que estar adaptadas as zonas de ocio, os accesos teñen que ser permeables para permitir o paso de cadeiras de rodas e bicicletas, mentres se impide o acceso aos vehículos de motor”.

IMG_7913O candidato do BNG-Asambleas Abertas afirmou que “apostamos por instalar columpios accesibles nas zonas de xogo infantil e eliminaremos todas as barreiras que aínda quedan como esta do Paseo Fluvial”. Rubén Arroxo explicou que “Lugo non conta con ningunha zona infantil con elementos de xogo accesibles para nenas e nenos que teñen a súa mobilidade limitada”. Arroxo indicou que “no caso do Paseo Fluvial é evidente que a cadea pode ser facilmente substituíble por un sistema de bolardos”.

Arroxo afirmou que “non pode haber elementos como a cadea que pecha o Paseo Fluvial a carón da Fábrica da Luz” e sinalou que o aparcadoiro para persoas con discapacidade, e tamén o final do carril-bici, están xusto a carón da entrada pechada cunha cadea. Arroxo sinalou, referíndose ao Paseo Fluvial que “vemos como un extremo está totalmente aberto e se permite, incluso, o estacionamento de vehículos ao longo do Paseo en determinados eventos, mentres o outro extremo está pechado cunha cadea que impide o paso de bicicletas e cadeiras de rodas”.

“PARA QUE LUGO FUNCIONE AS ÁREAS DE LECER TEÑEN QUE SER TOTALMENTE ACCESIBLES” DIXO RUBÉN ARROXO