ARROXO E VENCE RECABAN PROPOSTAS DOS COLECTIVOS SOCIAIS PARA O PROGRAMA DE BNG-AA PARA AS MUNICIPAIS

ARROXO E VENCE RECABAN PROPOSTAS DOS COLECTIVOS SOCIAIS PARA O PROGRAMA DE BNG-AA PARA AS MUNICIPAIS

VENCE E ARROXO COLECTIVOS SOCIAIS LUGOConsideran que son “un bastión” contra a política de recortes do PP e que o 24M a veciñanza de Lugo ten unha oportunidade de pasar páxina da  “vella política”

Lugo,  19 de marzo 2015.- O portavoz nacional, Xavier Vence, e o candidato de BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Lugo, Ruben Arroxo, mantiveron un encontros cos representantes da maior parte dos movementos e plataformas cidadáns que se organizaron nesta cidade nos últimos tempos para defender os seus dereitos fronte á políticas de recortes do PP ou fronte a decisións de Madrid e da Xunta que priman o interese da banca ou das empresas “amigas” fronte ao interese da maioría social.

“O BNG está con todas estas plataformas que son un bastión contra as políticas do PP que arrasan cos dereitos, e imos nutrir o programa electoral para as municipais en Lugo coas súas aportacións”, explicou Vence.

A data do 24M debe ser unha “oportunidade” que aproveite a cidadanía para “frear as consecuencias nefastas das políticas de recortes da dereita, de privatización de servizos públicos e as consecuencias de poñer o orzamento ao servizo de lobbies económicos e de empresas amigas do PP”, recalcou.

Vence salientou o traballo que xa ten feito o Bloque na elaboración de candidaturas, “cos deberes moi adiantados posto que non temos os problemas que ten o PP de Lugo de navalleo interno para conformar candidaturas”, denunciou. Neste sentido, puxo en valor o proceso de asembleas abertas que está permitindo incorporar moita xente nova, -como o propio cabeza de lista, Ruben Arroxo-, sen pedirlle o carné a ninguén, pero que apostan polo proxecto nacionalista de esquerdas que representa o BNG.

Neste momento, explicou, estase na elaboración do programa con propostas concretas concello a concello, escoitando a todos os colectivos ou persoas a título individual que queiran facer aportacións para o seu municipio, de aí a reunión cos plataformas socias e veciñais de Lugo.

“Temos unha expectativa optimista para o coVENCE E ARROXO COLECTIVOS SOCIAIS LUGO2nxunto do país e imos reforzar as posicións nos concellos, aspiramos a liderar a alternativa ao PP en moitos concellos e a reforzar a nosa presenza nos municipios onde xa gobernamos”, concluíu o portavoz nacionalista, tras salientar que Lugo ten na candidatura que encabeza Ruben Arroxo, unha alternativa para pasar a páxina da “vella política” o 24 de maio.

A reunión con colectivos e plataformas sociais de Lugo incluía representantes dos estafados polas preferentes, dos emigrantes retornados acosados por Facenda, de afectados pola Hepatite-C, da Plataforma en defensa do HULA, Plataforma Miño sen gasoliñeira, colectivos en defensa dun ensino público entre outros.

ARROXO E VENCE RECABAN PROPOSTAS DOS COLECTIVOS SOCIAIS PARA O PROGRAMA DE BNG-AA PARA AS MUNICIPAIS