“O CONCELLO TEN QUE ESIXIR ANTE OUTRAS ADMINISTRACIÓNS AS INFRAESTRUTURAS NECESARIAS” DIXO ARROXO

“O CONCELLO TEN QUE ESIXIR ANTE OUTRAS ADMINISTRACIÓNS AS INFRAESTRUTURAS NECESARIAS” DIXO ARROXO

IMG_7840 O candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo que Orozco e Castiñeira “agochan a orella ante a Xunta e o goberno do Estado a respecto do plan Paradai, da Estación Intermodal, o edificio da Residencia ou o cuartel de San Fernando”

Rubén Arroxo reclamou a construción de carriles de incorporación na N-VI “por que é unha obra sinxela, con pouco custe e necesaria para garantir a seguridade da circulación”

Lugo, 14 de marzo 2015. Rubén Arroxo dixo que o “faremos que o concello se convirta no valedor dos intereses dos lucenses”. Para o candidato do BNG-Asambleas Abertas “o concello ten que esixir ante outras administracións as infraestruturas necesarias para Lugo e non estar ao servizo dos intereses partidarios de Orozco e Castiñeira”. O candidato do BNG-Asambleas Abertas dixo que Orozco e Castiñeira “agochan a orella ante a Xunta e o goberno do Estado a respecto do plan Paradai, da Estación Intermodal, o edificio da Residencia ou o cuartel de San Fernando”

Arroxo, acompañado de Maite Ferreiro e Cristina Ferreiro, reclamou a construción de carriles de incorporación na N-VI “por que é unha obra sinxela, con pouco custe e necesaria para garantir a seguridade da circulación”. Rubén Arroxo indicou que “é posible facer obras pequenas que lle facilitan a vida á xente e que non teñen un grande custe” en engadiu que “os candidatos de PP e PSOE van vender fume anuIMG_7848nciando grandes obras que nunca van executar”.  Para a candidatura do BNG-Asambleas Abertas “construír carriles de incorporación no tramo da N-VI entre a estrada de Santiago e Garabolos é algo absolutamente factible”.

Rubén Arroxo lembrou que a deputada do BNG no congreso dos deputados, Rosana Pérez, xa presentou unha iniciativa pedíndolle ao goberno do estado que actúe neste tramo da N-VI e sinalou que “esta actuación non require un investimento elevado” e sinalou que “este é un dos tramos que máis circulación soporta no noso concello”. “A nosa presenza no concello serve e servirá para mellorar Lugo e facilitarlle a vida á xente”. Os nacionalistas instalaron, neste tramo da N-VI diversos cartaces reclamando a mellora desta infraestrutura dependente do goberno do estado.

“O CONCELLO TEN QUE ESIXIR ANTE OUTRAS ADMINISTRACIÓNS AS INFRAESTRUTURAS NECESARIAS” DIXO ARROXO