A ANIQUILACIÓN DOS AUTÓNOMOS

A ANIQUILACIÓN DOS AUTÓNOMOS

 

En Galiza, con 214.000 casos, e tamén en Lugo, a masa de traballadores autónomos supón unha porcentaxe da forza de traballo superior ao 24 % do total de afiliados á seguridade social. Só no ano pasado perderon o seu emprego en Lugo máis de 6.000 traballadores e traballadoras autónomas.

 

A este respecto sobra dicir que a crise se cebou de xeito moi particular con este colectivo, destacando a desaparición do emprego no sector comercial e da hostalería como consecuencia da caída do consumo, así como aquelas persoas que desenvolvían a súa actividade en ocupación relacionadas co sector da construción e da promoción inmobiliaria. Agora ben, con independencia dos factores vinculados a sobreproducción, a razón central que explica estes dados é os problemas de liquidez q

ue tiveron que enfrontar os autónomos ao cortarse a billa do crédito e non responder os organismos públicos a resolver esta situación para xerar circulante que permitise que a actividade continuase. Mesmamente hai que ter en conta que o cese da actividade dáse tamén en negocios que aínda sendo rendibles non poden facer fronte aos problemas de financiamento.

 

A situación económica para moitas persoas autónomas e titulares de PEMES é crítica. Sobre todo, persisten as dificultades para obter liquidez para a maior parte das empresas galegas, microempresas e pequenas empresas, para poder continuar realizando a súa actividade.

 

Esta situación vese agravada na actualidade pola política económica emprendida polo Goberno central, sobre todo por unha reestruturación financeira que non asegurou que os inxentes fondos públicos destinados ao apoio do saneamento da banca tivesen como destino final os sectores produtivos, e dun xeito máis concreto polas últimas decisións adoptadas relativas ao incremento dos custos sociais, a través do aumento das cotizacións para autónomos e autónomas.

 

Así, o Goberno vén de aprobar un considerábel incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas que contan con 10 ou máis persoas empregadas no último ano, que  represe

nta unha suba do 22%, case 60 euros ao mes, o que afecta a 45.000 galegos. A consecuencia directa desta medida será afondar no estrangulamento económico ás persoas autónomas e a emprendedoras. Ademais, o efecto indirecto será a destrución de emprego neste tipo de unidades económicas ao forzar a que sociedades deste tipo contraten menos de 10 persoas. Por outra banda, tamén se produce un incremento da base mínima para todos os autónomos, que é a cotización maioritaria en Galiza, que provocará un incremento de máis de 60 euros ao ano para máis de 160.000 galegos e galegas.

 

Ademais, estamos vendo como o Goberno actúa de costas para acabar sangrando aos traballadores, aplicando estas medidas sen ningún tipo de diálogo co sector, como critican as principais asociacións de persoas autónomas galegas e do Estado.

 

Todo xunto á política de recortes e de suba de impostos e taxas que executa o PP a nivel estatal e na Xunta ten como consecuencia unha queda da demanda e do consumo, e iso incide directamente nos autónomos porque gran parte do seu negocio depende da capacidade de consumo das familias.

 

A ANIQUILACIÓN DOS AUTÓNOMOS