O BNG PRESENTARÁ INICIATIVAS E FARÁ UNHA CAMPAÑA PARA FREAR O BRUTAL ATAQUE AOS AUTÓNOMOS

O BNG PRESENTARÁ INICIATIVAS E FARÁ UNHA CAMPAÑA PARA FREAR O BRUTAL ATAQUE AOS AUTÓNOMOS

IMG_2281  Cosme Pombo “esta sobrecarga tributaria afoga aos autónomos e ás pequenas empresas” e que por tanto “afoga o emprego e o paìs”

En Galiza existen aproximadamente 215.000 persoas afiliadas á seguridade social no réxime especial de autónomos en no concello de Lugo son 7.500

Lugo, a 24 de xaneiro de 2014. O parlamentario Cosme Pombo, o deputado Mario Outeiro e a edil Paz Abraira presentaron hoxe a campaña que o BNG desenvolverá para informar sobre unha serie de medidas que, o goberno do Estado do PP ven de aprobar e que provocarán o incremento de cargas tributarias sobre as persóas autónomas e pequenas empresas. Os representantes do BNG anunciaron iniciativas no Congreso, no parlamento galego, nas deputacións e nos concellos galegos. Unha iniciativas que terán por obxectivo, segundo Cosme Pombo, “paralizar esta sobrecarga tributaria que afoga aos autónomos e ás pequenas empresas” e que por tanto “afoga o emprego e o paìs”.

Pombo sinalou que o goberno do PP aplica esta sobrecarga tributaria a autónomos e pequena empresa pero “non para grandes empresas, non para as financeiras e tampouco para as eléctricas”. Pombo afirmou que “o  PP, a través da propaganda, tenta vender o moito que fai polos emprendedores para ocultar a realidade das cifras do paro”. Unhas cifras de desemprego que son as maiores na historia do noso país. Para o BNG a política de recortes salariais, aplicada polo PP, levou a unha caída no consumo que abocou á desaparición de máis de 6.000 autónomos na provincia de Lugo.

A medida aprobada polo goberno do PP no estado implica un considerábel incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas que contan con 10 ou máis persoas empregadas no último ano (así como as persoas traballadoras autónomas incluídas neste réxime especial ao amparo do que estabelece a disposición adicional vixésimo sétima do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social), que representa unha suba do 22%, case 60 euros ao mes. Por outra banda, tamén se produce un incremento da base mínima para persoas autónomas, que é a cotización maioritaria en Galiza, que provocará un incremento de máis de 60 euros ao ano para as mesmas. Estas medidas aplícanse sen ningún tipo de diálogo co sector, como critican as principais asociacións de persoas autónomas galegas e do Estado.

O parlamentario nacionalista informou de que o BNG mantivo unha xuntanza coa Asociación de Autónomos de Galiza – AUGA e vai desenvolver unha campaña para defender este sector que é o que xenera riqueza no noso pais. A Xunta ten ferramentas para dar liquidez ás persoas autónomas e así fomentar o emprego neste sector. Pombo dixo que a Xunta non está a poñer os medios necesarios xa que “a realidade é clara, a nivel de estado están aumentando os autónomos, mentres en Galiza este ano reducíronse á metade”.

IMG_2286Pola súa banda o voceiro do BNG na deputación de Lugo, Mario Outeiro, anunciou que levarán un moción ao vindeiro pleno provincial para demandar a supresión desta medida imposta polo goberno do estado. Outeiro explicou que son preto de 215.000 as persoas ás que afectaría esta medida en toda Galiza o que supón o 25 % de afiliados á Seguridade Social nos sectores do comercio, hostelaría, construción, etc...

Mario Outeiro dixo que “o mecanismo máis eficaz para a sustentabilidade da Seguridade Social pasa por unha reforma fiscal e políticas activas de emprego que reduzan a enorme taxa de paro, por asegurar o mantemento o nivel salarial de todos e todas as traballadoras, e non por incrementar as cotizacións aos segmentos máis vulnerábeis do tecido empresarial nun momento que atravesan serias dificultades económicas”. As conseceuncias: problemas de liquidez, desincentivará o emprego e polo tanto haberá máis paro en Galiza. Moitas das empresas optarán por ter menos de 10 traballadores e esto implicará un aumento dos despidos neste sector.

Paz Abraira, na súa intervención, aportou o dato de que o concello de Lugo, a 31 de agosto de 2013 tiña, 7.544 traballadores e traballadoras no réxime de autónomos. Todas estas persoas veranse afectadas pola suba do réxime tributario que lles afecta. Abraira dixo que “esta medida será tremendamente lesiva nun concello como Lugo que vive do comercio e das pequenas empresas”. Abraira anunciou que o BNG defenderá unha proposción para a eliminación desta norma imposta no vindeiro pleno municipal do 3 de febreiro.

IMG_2301Abraira dixo que “o goberno cóntanos as súas medidas para a creación de autoemprego pero o único que nos presentan é esta norma que o único que fai é dificultar a posta en marcha de novas empresas e da iniciativa que poidan ter os emprededores e as emprendedoras”. Para desenmascarar esta farsa o BNG levará a cabo unha campaña co sector dos autónomos e fará repartos de información por toda a cidade para dar a coñecer este réxime de cotización inxusto.

Paz Abraira fixo referencia tamén á situación na que se atopan os traballadores autónomos no momento en que chega á xubilación “unha situación que non se vai ver mellorada por esta nova suba impositiva”. Os autónomos cobran, en Lugo, somentes 507,28 € de media de pensión é a pensión máis baixa de toda Galiza.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DOS AUTÓNOMOS EN: http://feaga.org/uploads/RETA%202_013%20Enero%20-%20Agosto%20General_docx.pdf

O BNG PRESENTARÁ INICIATIVAS E FARÁ UNHA CAMPAÑA PARA FREAR O BRUTAL ATAQUE AOS AUTÓNOMOS