“APOSTAMOS POR UN RÍO VIVO PARA LUGO E PARA OS LUCENSES”

“APOSTAMOS POR UN RÍO VIVO PARA LUGO E PARA OS LUCENSES”

IMG_0783  O BNG-Asambleas Abertas colocou, de xeito simbólico, unha barreira contra a contaminación que supoñen as políticas de PP e PSOE

Arroxo sinalou que “esta barreira é para cando verta esta gasolineira que é unha consecuencia máis das políticas do PP e do PSOE nos gobernos”

Lugo, 20 de maio 2015. O BNG – Asambleas Abertas realizou hoxe un acto simbólico a carón do río Miño para presentar as súas propostas programáticas sobre o río e o seu entorno. O candidato Rubén Arroxo dixo que “O Miño e a súa contorna son un espazo privilexiado e por esto queremos un río con vida, sen contaminación. Lugo precisa dunha zona pública de baño” e engadiu que “en caso de gobernar iniciaremos programas de posta en valor e protección do río Miño e dos cauces fluviais que transcorren polo concello”.

IMG_0750O candidato do BNG – Asambleas Abertas sinalou que “esta barreira anticontaminación, que instalamos hoxe, é para cando verta esta gasolineira que é unha agresión ao río Miño, unha consecuencia máis das políticas do PP e do PSOE nos gobernos”. “O BNG – Asambleas Abertas é a única barreira posible e eficaz contra  as políticas que os dous grandes partidos fan contra as persoas e para beneficio duns poucos” afirmou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo dixo que “utilizaremos a nosa presenza nas institucións como unha barreira de contención para defender á xente das políticas que o PSOE e o PP executan por mandato dos grandes poderes do capital”. Arroxo concluiu dicindo que “nos somentes nos debemos aos galegos e galegas, non temos que rendir contas a ninguén nin en Madrid, nin e Bruselas, nin no palco do Bernabeu”.

IMG_0760Arroxo dixo que “sabemos que para os lucenses é importante os seu río e saben que somentes o BNG lle plantou cara a construcción desta superficie comercial, no seu momento, e agora á instalación desta gasolineira”. “Non vimos a Orozco, nin a Castiñeira, facendo campaña nos arredores deste risco gratuito para o Miño que permitiron instalar aquí” concluiu Arroxo.

“APOSTAMOS POR UN RÍO VIVO PARA LUGO E PARA OS LUCENSES”