“PÍDOLLES O VOTO ÁS PERSOAS DEFRAUDADAS POR UN PP TRAIDOR E UN PSOE CADUCO” DIXO ARROXO

“PÍDOLLES O VOTO ÁS PERSOAS DEFRAUDADAS POR UN PP TRAIDOR E UN PSOE CADUCO” DIXO ARROXO

IMG_0835 “O BNG – Asambleas Abertas é a mellor opción para quenes no 2011 lle votaron ao PP ou ao PSOE e agora teñen claro que fai falla unha alternativa” afirmou Rubén Arroxo

A candidatura do BNG–Asambleas Abertas visitou o campus universitario para presentar as súas propostas para este barrio

Lugo, 21 de maio 2015. Nunha visita ao campus universitario, onde o candidato do BNG-Asambleas Abertas mantivo unha xuntanza con persoal da USC, dixo que “dende os concellos seremos un verdadeiro contrapoder ás políticas do PP e do PSOE que en Lugo representan Orozco e Castiñeira”. Arroxo sinalou que “vemos como se poñen dacordo en Madrid para cambiar a constitución ou para volver a implantar a cadea perpetua” por eso o candidato do BNG-Asambleas Abertas pediu o voto “ás persoas que non queren  como alcalde a un Castiñeria traidor nin a un Orozoco caduco e imputado”.

“Somos a única aposta de futuro e ilusionada por crear un concello para as persoas”, sinalou Arroxo, convencido de que “mesmo os votantes moderados do PP están absolutamente indignados cos recortes que deixan a miles de persoas na exclusión social e tamén idignados cun Orozco pluriimputado e inactivo que está en franca retirada”.

IMG_0833Rubén Arroxo afirmou que “a xente sabe que a nosa candidatura está comprometida na loita contra a pobreza infantil e a enerxética e que garantiremos o dereito aos servizos domésticos básicos”. “Os concellos nos que goberna o BNG están á vangarda das políticas de igualdade, plenamente implicados coa normalización do idioma propio, comprometidos coa cultura e co patrimonio do país” lembrou Arroxo.

Concellos contra os maltratadores

Arroxo apuntou que “dende o concello traballaremos, como fixemos sempre, para dar apoio e cobertura real a todas as mulleres que sufren malos tratos”. Faremos plans de prevención para previr que as mozas máis novas comencen a ser víctimas do machismo nas súas primeiras relacións de parellas por que “esto é o que está a suceder na mocidade”. Para o BNG – Asambleas Abertas a violencia de xénero debe ter unha consideración e repulsa semellante á do terrorismo por que “ao fin é terrorismo machista” concluiu Arroxo.

“PÍDOLLES O VOTO ÁS PERSOAS DEFRAUDADAS POR UN PP TRAIDOR E UN PSOE CADUCO” DIXO ARROXO