O BNG-ASAMBLEAS ABERTAS APOSTA POR UN APARCADOIRO PÚBLICO E GRATUIRO PARA O HULA
Rubén Arroxo dixo que o PP privatizou o parking subterráneo e o PSOE deulle licenza aos aparcadoiros privados despois prometer o Leira-Parking
Os nacionalistas pecharon a campaña cunha caravana de bicicletas que invadiu o aparcadoiro subterráneo do HULA
Lugo, 22 de maio 2015. O BNG Asambleas Abertas aposta por un aparcadoiro público e gratuiro no HULA. O candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, lembrou que o PP privatizou o parking subterráneo e o PSOE incumpriu a súa promesas do Leira-parking mentres pemitía a instalación de aparcadoiros privados no entorno no hospital. A candidatura do BNG-Asambleas Abertas fixo unha ocupación simbólica do parking do HULA coa súa caravana e bicicletas por que "hai que devolverlle ao pobo o que é do pobo e non se pode fomentar que uns cantos se enrriquezan a conta da enfermidade das persoas".
Durante a tarde unha caravana duns 20 ciclistas percorreu as rúas da cidade. Arroxo dixo que queremos unha cidade para as persoas e imos a loitar por ela dende a corporación municipal, precisamos o maior apoio dos lucenses para que Lugo sexa un sitio máis amable e vivible. Ademais deste acto de ocupación do aparcadoiro do HULA que agora é xestionado por unha empresa privada, o BNG Asambleas Abertas tivo nesta última xornada da campaña electoral encontros con varios colectivos e un acto na parroquia de Calde.
Arroxo anunciou que durante a xornada de reflexión adicará unha parte da mañá á practica da escalada no Veral e pola tarde asistirá á Copa Deputación de Atletismo que se celebra nas pistas de atletismo da As Pedreiras.