Arroxo asegura a nosa proposta é sostible, útil, e pódese trasladar a diferentes zonas do río
O voceiro do BNG-AA alegrouse da boa disposición da alcaldesa para ampliar o número de zonas de baño e considera que a nosa proposta é óptima para multiplicar os espazos de baño
A quen vive en Lugo vaille resultar difícil creer que se van facer dúas zonas de baño cando en 7 anos nos se fixo ningunha sinalou Rubén Arroxo
Lugo, 9 de agosto 2016. O voceiro grupo municipal do BNG-AA referiuse á posible creación de máis de unha zona de baño no río Miño, alegrouse da boa disposición da alcaldesa para ampliar o número de zonas de baño e considera que a nosa proposta é óptima para multiplicar os espazos de baño. Xa reiteramos que o noso proxecto está a disposición do goberno municipal e tamén nos ofrecemos a asesoralos en canto aos trámites coa Confederación Hidrográfica dixo Arroxo.
Rubén Arroxo explicou, sobre o proxecto plantexado polo BNG AA, para a creación de zonas de baño, a nosa proposta é sostible, útil, e pódese trasladar a diferentes zonas do río. Segundo sinalou o edil nacionalista o proxecto de acceso desmontable que presentamos é asumible economicamente, é sostible e non provoca impacto ambiental nin paisaxístico e engadiu o que se precisa non son grandes obras de investimentos millonarios, soamente se trata de poder entrar e saír da auga con comodidade e seguridade.
O BNG-AA mantén que lugar idóneo para a creación da zona pública de baño é a zona das Saamasas. Evidentemente tampouco nos negamos a que se sitúen zonas de baño noutros puntos do río, pero a nosa aposta é de empezar facendo o de As Saamasas asegurou Arroxo. O BNG-AA seguirá traballando para que Lugo conte coa zona de baño pública e ante a inacción que se percibe iremos traballando pola nosa conta por que os lucenses saben que o goberno municipal nin está, nin se lle espera.
En relación ás reaccións da alcaldesa e do goberno municipal sobre a proposta que o BNG-AA está tramitando coa Confederación Hidrográfica, Arroxo asegurou que é positivo que agora se anuncien máis zonas de baño mais a quen vive en Lugo vaille resultar difícil creer que se van facer dúas zonas de baño cando en 7 anos nos se fixo ningunha. Rubén Arroxo sinalou que levan 7 anos mareando a perdiz, amparados en trámites burocráticos inexistentes, e que teñamos zona de baño depende unicamente da vontade de facela ou non facela.