Arroxo reta a Concello e Deputación a amosar os expedientes que tramitaron para a zona de baño

Arroxo reta a Concello e Deputación a amosar os expedientes que tramitaron para a zona de baño

IMG_1827O voceiro do BNG-AA lembrou “nós demos conta de cada paso e fixemos chegar a todos os grupos e á prensa copia de toda a documentación, esta situación xenera dúbidas sobre os trámites feitos dende o Concello e a Deputación”

“Agora a alcaldesa carga contra a Confederación pero esquécese de que nin Concello, nin Deputación, contestaron aos requirimentos desta entidade” sinalou Rubén Arroxo

Lugo, 10 de agosto 2016. Rubén Arroxo retou aos gobernos municipal e provincial a facer públicos os expedientes de tramitación dos permisos para a creación da zona pública de baño. Hai que lembrar que en abril do 2014 o concello de Lugo desistiu de continuar cos trámites para que a zona de baño fose instalada nas Saamasas (http://lugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-manten-o-proxecto-de-creacion-da-praia-fluvial). O voceiro do BNG-AA lembrou “nós demos conta de cada paso e fixemos chegar a todos os grupos e á prensa copia de toda a documentación, esta situación xenera dúbidas sobre os trámites feitos dende o Concello e a Deputación”

Naquel momento os requirimentos de documentación para obter os permisos necesarios resultaban “excesivos” e anunciouse, dende o goberno municipal que “os técnicos municipais estaban traballando na solicitude de novos permisos e no novo proxecto, menos invasivo, e que suporá unha reducción no tempo de agarda das autorizacións que teñen que conceder tanto o Ministerio de Medio Ambiente como a Confederación Hidrográfica Miño-Sil”. Arroxo dixo que nunca se soubo máis dese novo proxecto, nin dos trámites que se realizaron para obter os permisos.

“Agora a alcaldesa carga contra a Confederación pero esquécese de que nin Concello, nin Deputación contestaron aos requirimentos desta entidade” sinalou Rubén Arroxo. Para o BNG-AA sería necesario que, neste momento, calquera persoa puidera ter acceso aos expedientes completos que se tramitaron dende a Deputación e o Concello para saber cal foi a realidade de todo este proceso. Arroxo lembrou que o 10 de maio de 2011 o alcalde do partido socialista asegurou que a zona de baño estaría lista nunha semana e que contaba con todas as bendicións para que así fose (http://lugo.gal/gl/novas/o-concello-e-deputacion-iniciaran-vindeira-semana-construcion-da-zona-de-bano-do-mino).

Arroxo reta a Concello e Deputación a amosar os expedientes que tramitaron para a zona de baño