O BNG-AA pide que se arranxen as deficiencias do parque infantil de Campo Castelo
O voceiro do BNG-AA lembrou o BNG-AA xa propuxo, recentemente, a instalación doutra zona de xogo na zona centro da cidade
Lugo, 11 de agosto 2016. O BNG-AA solicitaralle ao goberno municipal que se proceda a solucionar as deficiencias que presenta a zona de xogo infantil do Campo Castelo. O voceiro municipal, Rubén Arroxo, sinalou que o pavimento é a zona máis deteriorada, pero tamén hai columpios e xogos que presentan deficiencias. Arroxo sinalou, tamén, recibimos queixas de varias familias que tiveron varias mancaduras das súas fillas e fillos. O parque infantil do Campo Castelo é un dos máis utilizados na cidade pola súa situación e por que é o único existente dentro de murallas xunto co do Cantiño.
O BNG - AA xa presentará unha proposta, no pleno da corporación, para a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol. Arroxo lembrou que no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos e explicou que as poucas instalacións que hai son insufiencientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos.
Para o BNG Asembleas Abertas a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol totalmente asumible polo concello xa que trátase dunha inversión pequena que melloraría e humanizaría máis esta zona da cidade. Rubén Arroxo sinalou que a zona xa ten espazos de sombra e mobiliario urbán. Ademais a instalación de xogos para uso infantil melloraría a calidade do tempo que utilizan esta zona as nenas e nenos dos colexos existentes nas proximidades afirmou a edil nacionalista.