Arroxo proponlle a Jaime Castiñeira que emule a Joaquín G. Díez e viaxe a Santiago en ferrocarril

Arroxo proponlle a Jaime Castiñeira que emule a Joaquín G. Díez e viaxe a Santiago en ferrocarril

ferrocarrilO voceiro do BNG – Asembleas Abertas cualificou “como lamentable” que o deputado do PP en Madrid veña a presumir a Lugo duns servizos ferroviarios que non existen

Arroxo pediu servizos ferroviarios de cercanías que sexa “útil” para a maioría das persoas e pensado para cubrir os miles de desprazamentos entre as vilas e cidades galegas

Lugo, 4 de abril de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, despois de ver “a viaxe mediatica a Madrid do deputado no congreso español, Joaquín García Díez” propúxolle ao actúal voceiro do PP no concello de Lugo e parlamentario no Parlamento Galego, Jaime Castiñeira, “que emule ao seu compañeiro de partido e faga a viaxe a Santiago en Ferrocarril”. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas cualificou “como lamentable” que o deputado do PP en Madrid veña a presumir a Lugo duns servizos ferroviarios que non existen e acusou aos populares de “querer enganar aos lucenses que xa coñecemos cales son os servicios ferroviarios que chegan á nosa cidade e cales foron as políticas do PP neste eido”.

O BNG – Asembleas Abertas xa reclamou, en numerosas ocasións, o goberno do estado unha mellora das comunicacións con Lugo a través do ferrocarril. Arroxo lembrou que o concello de Lugo xa aprobou unha iniciativa do BNG – Asembleas Abertas para solicitar ao goberno central que inicie os estudos correspondentes para proxectar nun prazo coherente liñas ferroviarias de conexión entre Lugo e Compostela e entre Lugo e A Mariña. Ademais os nacionalistas xa teñen demando que se artellen os mecanismos necesarios para dotarnos de liñas de tren frecuentes e rápidas para unir as cidades de Lugo e da Coruña e de Lugo e de Ourense polo trazado xa existente. Rubén Arroxo sinalou que “é necesarios unha mellora do servizo de cercanías que une os concellos polos que pasa o trazado existente con Lugo”.

Arroxo lembrou que “mentres que no resto de Europa se potencia o uso do ferrocarril coma transporte público e de vertebración territorial, en Galiza en xeral e en Lugo en particular, quedamos totalmente fóra destas infraestruturas”. As conexións das que dispón Lugo cas outras cidades galegas en tren ordinario constan de tres ao día á Coruña e unha ao día a Ourense, ambas con tempo de traxecto superior á hora e media, algo que directamente disuade de usar este sistema como transporte de cercanías.

Arroxo criticou o desmantelamento dos servizos ferroviarios sufrido nos últimos anos e sinalou que “A solución non pasa por poñer liñas de alta velocidade por todas as cidades, liñas de alto custe, grave impacto ambiental e dunha utilidade absurda para unir distancias inferiores aos 300km, senón que precisamos vertebrar Galiza a través de trens de cercanías para poder achegarnos dunha forma rápida, barata, ecolóxica e segura aos diferentes núcleos de poboación do país, e dende aí termos liñas de comunicación de alta velocidade co resto de territorios europeos”

Arroxo proponlle a Jaime Castiñeira que emule a Joaquín G. Díez e viaxe a Santiago en ferrocarril