O BNG Asembleas Abertas pregunta polo ARRU da Milagrosa
Rubén Arroxo lembrou que este programa de rehabilitación fora presentado antes das eleccións municipais e agora non sabemos se están traballando nesta iniciativa
O plan de rehabilitación afectaría a máis de 1.300 vivendas e suporía revitalizar unha zona importante da cidade e mellorar a calidade de vida de moitas persoas
Lugo, 7 de abril de 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, visitou o barrio da Milagrosa e anunciou que a formación que representa presentará unha serie de preguntas para saber en que esta de tramitación se atopa, agora mesmo, do ARRU para o barrio da Milagrosa. Arroxo lembrou que hai un ano, no mes de abril do ano 2015, anunciábanse os primeiros pasos para o proxecto dunha Area de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU) no barrio da Milagrosa. Un proxecto feito co fin de recuperar e dinamizar a vida do barrio máis poboado de Lugo, no cal se incluían 429 edificios e 1314 vivendas que se atopaban nun importante estado de deterioro.
O voceiro nacionalista preguntará, tamén, polos prazos previstos xa que dende mediados de 2015 non se volveron ter noticias ao respecto, dando a sensación de que unha cuestión desta importancia quedou no esquecemento. Rubén Arroxo sinalou que naquel momento achacouse a imposibilidade de presentar o proxecto aos curtos prazos dados pola xunta para a presentación do mesmo e indicou que entendemos que agora hai que poñerse a traballar para ter toda a documentación e así poder pedir as correspondentes axudas e forma e prazo.
Rubén Arroxo explicou que o proxecto de rehabilitación presentado naquel momento prevía unha intervención nunha superficie de 13,5 hectáreas, das que solo 2,9 son espacios públicos. Segundo os datos que, naquel momento, aportaba o estudio de arquitectos GAU esta actuación afectaría a 2.814 habitantes e 430 edificacións, das que 429 están destinadas a uso residencial cun total de 1.314 vivendas. As rúas incluídas no proxecto que se presentara naquel proxecto para a declaración do ARRU serían: Luis Seoane, Yáñez Rebolo, Camiño Real, Menorca,Xulia Minguillón, Pintor Villamil, Tino Grandío, García Abad, Esquecemento, Concepción Arenal, un pequeño tramo de Tui y otro de Lamas de Prado, Freixo y Castrol Gil.
Rubén Arroxo explicou que as axudas poderían chegar ata un 35 % do importe das obras de mellora dos edificios pero para esto é necesario que sexa aprobada a proposta de área de rehabilitación e é preciso avanzar nos trámites previos. Arroxo valorou que neste tipo de proxectos se conte co tecido asociativo veciñal e que é importante recoller as opinións e aportacións de veciños, comerciantes e de todos os axentes interesados e implicados nun proceso como este.