O BNG-AA denuncia a acumulación de lixo xunto aos restos do Templo Romano
En vésperas da chegada masiva de visitantes polo Arde Lucus non podemos permitir ter así o noso patrimonio arqueolóxico aclarou Rubén Arroxo
Lugo, 14 de xuño 2016. O grupo municipal do BNG denuncia que os restos do Templo Romano que se atopan xunto ao Círculo das Artes estean cheos de lixo é un lugar que só abre polo día, polo que debería existir un maior control do seu estado. Este espazo abre en horario de 10h-22h e permanece pechado o resto do tempo, o seu acceso están pegado á porta de Bispo Aguirre, polo que está nun lugar estratéxico para poder ser visitado nas festas do Arde Lucus que comezan este xoves. É por isto mesmo polo que dende o grupo nacionalista consideran que urxe retirar o lixo de aí a imaxe de ter eses restos e ver a zona tan sucia, non axuda a poñer en valor a nosa cidade afirmou Arroxo.
O concelleiro do BNG-Asembleas Abertas puido observar que o lixo se chega a meter incluso por debaixo da fiestra que cubre as ruínas, algo que nas súa opinión cómpre remediar. O propio edil nacionalista cre que esta situación é un exemplo de descoordinación do goberno municipal, e pide implicación das distintas áreas para evitar estas situación vendo como accións simples sobre o noso patrimonio obteñen este grao de abandono, resulta difícil esixir cuestións maiores como que se tome en serio a situación do Cuartel de San Fernando