O BNG-AA denuncia un verquido de augas fecais en pleno Camiño Primitivo
Hai moitas pequenas melloras que se poden facer con poucos cartos e que mellorarían considerablemente o aspecto do tramo do camiño no concello de Lugo dixo Arroxo
A eliminación de maleza, a posta en funcionamento dunha fonte para peregrinos e a mellora na sinalización do Camiño Primitivo son as propostas do BNG-AA
Lugo, 6 de xuño 2016. O BNG Asembleas Abertas trasladará ao goberno municipal a necesidade de intervir no Camiño Primitivo no tramo máis próximo a cidade. Verquidos de augas, fecais, maleza que tapa a sinalización, e a mellora das infraestruturas que utilizan os peregrinos habitualmente son as intervencións máis urxentes para mellorar a imaxe do Camiño Primitivo na entrada de Lugo. Chegáronnos queixas da existencia dun verquido de augas residuais no Camiño Primitivo no barrio da Chanca e acudimos por que non dábamos crédito a que esto puidese estar sucendendo dixo Rubén Arroxo.
En pleno Carril da Vía existe unha fuga de augas residuais que se expanden polo trazado do Camiño Primitivo provocando un importante cheiro na zona. Ademais da existencia deste verquido comprobamos como a maleza está a tapar parte de sinalización do Camiño Primitivo o que provoca, nalgúns casos, que os peregrinos tomen camiños equivocados informou Rubén Arroxo e engadiu que hai moitas pequenas melloras que se poden facer con poucos cartos e que mellorarían considerablemente o aspecto do tramo do camiño no concello de Lugo.
Ademais, dende o BNG AA, propuxeron que se poña en funcionamento unha fonte de auga na zona de chegada do Camiño Primitivo á ronda de Fontiñas. Parécenos axeitado que nun sitio que se chama Fontiñas se poidan abastecer de auga as persoas que fan o Camiño dixo Rubén Arroxo que explicou xente desta zona nos informou de que á chegada a Lugo son moitos os peregrinos que preguntan pola ubicación das fontes para poder encher as súas cantimploras.