Arroxo propón que se aproveiten as obras en Fontiñas para a creación de aparcadoiros disuasorios
O voceiro do BNG Asembleas Abertas sinalou terreos que neste momento están baleiros e sumarían uns 6.600 metros cadrados
Estes aparcadoiros poderían albergar uns 300 vehículos e resolverían o problema de estacionamento nesta zona saturada da cidade asegurou Arroxo
Lugo, 7 de xuño de 2016. O BNG Asembleas Abertas propón, a través do seu voceiro no concello, que se aproveiten as obras en Fontiñas para a creación de aparcadoiros disuasorios na zona. Rubén Arroxo sinalou tres terreos que neste se momento se atopan baleiros e que poderían utilizarse como aparcadoiros disuasorios é unha cuestión de vontade e de que o goberno municipal negocie cos propietarios para poñelos ao servizo das veciñas e veciños mentres os seus donos no fagan uso destes predios dixo Arroxo.
O voceiro do BNG AA explicou que se poden establecer tres posibles ubicacións para resolver os problemas de aparcamento que sumarían un total de 6.600 metros cadrados. Os dous terreos máis próximos ao centro da cidade estarían situados, un na esquina de Fontiñas co Carril de Caiños e outro ao longo da rúa Primavera fronte a centro socio-cultural Maruja Mallo. Rubén Arroxo lembrou que un destes solares xa funcionou como aparcadoiro mentres se fixeron, en outro momento, obras en Fontiñas e o outro xa funciona, tamén, como aparcadoiro nas súas beiras. O outro grande aparcadoiro daría solución aos problemas de tráfico na zona dos conservatorios de música e danza e ocuparían máis de 4.000 metros cadrados na intersección da ronda Xosé Castiñeira coa rúa Xesús Bal e Gai.
Rubén Arroxo lembrou que pleno da corporación lucense xa aprobou, no mes de febreiro deste ano, unha iniciativa do BNG Asembleas Abertas para buscar un uso social aos terreos baleiros que están situados no casco urbano da cidade. Un dos usos propostos na iniciativa dos nacionalistas era o de crear aparcadoiros gratuítos que servisen como aparcamentos disuasorios para evitar a masificación de vehículos nas rúas da cidade.
Arroxo explicou sobre os predios propostos non son máis que exemplos para que o goberno municipal vexa como se poden iniciar conversas con propietarios concretos e empezar a dar solución a problemas reais que ten esta cidade e engadiu trátase de facer pequenos investimentos na adecuación dos terreos para que se poidan usar como aparcadoiros mentres os seus donos non deciden darlles uso e que no momento en que os reclamen queden libres se maior problema. Arroxo sinalou que creando estas 300 prazas de aparcamento gratuíto o problema de aparcamento en Fontiñas quedaría practicamente resolto.