O BNG-AA pide que o cartel do San Froilán o elixan os lucenses
Cando o BNG tivo reponsabilidades na organización das festas, no ano 2012, o cartel foi escollido a través dunha votación popular e foron máis de dúas mil persoas as que opinarion aclarou Maite Ferreiro
O goberno deberá aclarar cales foron os criterios na selección e a que se debe a baixa participación no concurso de carteis a pesares do cuantioso premio
Lugo, 8 de xuño 2016. O grupo municipal pedirá a celebración dunha xuntanza urxente da Comisión de Festas do San Froilán para analizar o método de elección do cartel anunciador das festas. Maite Ferreiro sinalou que na Comisión de Festas nunca se falou sobre o sistema a utilizar para a selección do cartel das festas, nin sobre a composición do xurado, nin da posibilidade de abrir a elección ás veciñas e veciños. Para o BNG-AA o lóxico sería que, tanto a composición do xurado, como o sistema de elección fose acordado e consensuado na Comisión de Festas.
Dende o BNG Asembleas Abertas levamos tempo pedindo máis participación da xente no proceso de organización das festas do San Froilán lembrou a edil do BNG-AA e engadiu que parece que o goberno municipal non quere escoitar, nin aos grupos da corporación, nin ás veciñas e veciños de Lugo. O BNG-AA trasladará, tamén, a Comisión de Festas unha serie de preguntas para saber se o goberno municipal deu algún tipo de consigna, ou marcou os criterios, a utilizar polo xurado á hora de elexir o cartel anunciador.
Para o BNG AA tamén resulta extraña baixa participación no concurso que promove o Concello de Lugo para seleccionar o cartel anunciador. Segundo os datos ofrecidos polo propio goberno municipal neste ano foron unhas 80 as persoas participantes. Maite Ferreiro dixo que no ano 2012 cando o BNG tiña responsabilidades de goberno foron 130 os carteis que se presentaron, e esto era por que dende o goberno traballábase para fomentar a participación.
Votación a través de internet
Cando o BNG tivo responsabilidades na organización das festas, no ano 2012, o cartel foi escollido a través dunha votación popular e foron máis de dúas mil persoas as que opinaron aclarou Maite Ferreiro. Naquela ocasión participaron 2.128 persoas que emitiron a súa votación e foron 747 os destinados ao diseño gañador. Todos os lucenses puideron ver os 130 cartaces participantes, un xurado cualificado elixiron catro cartaces para que despois se seleccionara o gañador por votación popular a través de internet.