O BNG - AA presentará propostas para melloras en diferentes barrios dentro do proxecto DUSI
Rubén Arroxo sinalou que zonas como Fontiñas, por onde pasa o camiño primitivo, non poden quedar sen recibir fondos dun programa como este
Un proxecto destas características tense que facer con implicación e participación por que se trata de construír un Lugo para o futuro afirmou Arroxo
Lugo, 11 de xaneiro de 2016. O portavoz municipal do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou unha proposta para que se destinen fondos do programa DUSI para potenciar e mellorar o barrio de Fontiñas o camiño primitivo entra na cidade de Lugo por este barrio e temos que coidar a imaxe do que é un dos grandes potenciais turísticos para Lugo e Galiza sinalou Rubén Arroxo. Arroxo anunciou que o BNG Asembleas Abertas presentará propostas para melloras en diferentes barrios e zonas da cidade dentro do proxecto DUSI.
Dende o BNG Asembleas Abertas entendemos que un proxecto destas características tense que facer con implicación e participación por que se trata de construír un Lugo para o futuro afirmou Arroxo e engadiu que o goberno municipal ten que contar con todos os colectivos, entidades e coa xente de Lugo en xeral para optimizar o emprego destes recursos que se anuncian como moi considerables en canto á cuantía económica.
Arroxo fixo unha proposta, na xuntanza convocada polo goberno municipal, para que se destine á zona de Fontiñas unha partida destes fondos europeos. Rubén Arroxo sinalou que zonas como Fontiñas, por onde pasa o camiño primitivo, non poden quedar sen recibir fondos dun programa como este e temos que priorizar cales son os problemas e potenciais de cada un dos barrios da cidade para saber a onde temos que destinar os fondos deste programa.