O BNG-AA presentará un rogo para reclamar o calmado do tráfico no tramo baixo de Afonso X
Arroxo explicou que ata o paso de peóns que une as dúas zonas do campus hai moitos vehículos que chegan cunha velocidade considerable e supoñen un perigo
Lugo, 5 de febreiro de 2016. O BNG Asembleas Abertas presentou un rogo, dirixido ao goberno municipal, para que se tomen medidas de calmado do tráfico no paso de peóns que se atopa en Afonso X xusto en fronte da facultade de Ciencias. Rubén Arroxo explicou que recibimos esta suxestión de varios persoas que forman parte da comunidade universitaria e de veciños e veciñas que saen a pasear por aquela zona.
Arroxo sinalou que na parte baixa da avenida Afonso X, xusto en fronte da facultade de Ciencias, existe un paso de peóns que cruza 5 carrís e unha mediana. Non existe, na zona, ningún dispositivo físico de calmado do tráfico para controlar a velocidade dos vehículos antes de chegar ao paso de peóns.