O BNG ACUSA A BESTEIRO DE IGNORAR AS PETICIÓNS DOS COLECTIVOS SOCIAIS LUCENSES
A convocatoria para a adxudicación de todo o Hospital de San Xosé, a unha única entidade, semella unha operación para facer negocio con este edificio sinalaron dende o BNG
Alexandre Penas dixo que moitos colectivos lucenses recolleron sinaturas e implicáronse para que se lle dera uso social a este edificio e agora foron claramente traizoados polo PSOE
Lugo, a 13 de setembro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego acusou ao presidente da Deputación, o socialista Gómez Besteiro, de ignorar as demandas dos colectivos sociais lucenses. Alexandre Penas lembrou que no seu momento moitos colectivos lucenses recolleron sinaturas e implicáronse para que se lle dera uso social a este edificio e agora non terán opción ao uso dos seus locais. Para o BNG segundo as bases publicadas parece que se lle quere entregar o edificio a un único adxudicatario con poder inversor e esto cheira facer negocio cun edificio público de todos os lucenses independentemente da forma xurídica que teñan a entidade que o vai recibir.
Os nacionalistas expresaron un claro rexeitamento ás bases aprobadas polo PSOE na Deputación para a cesión do edificio do Hospital de San Xosé a unha única entidade. Para o BNG non é importante o tema da permuta por Santa María, o importante é o fondo. Alexandre Penas tratabase de buscar un espazo para que puideran traballar nel as asociacións lucenses e agora vemos que, dende o PSOE, apóstase por un modelo de xestión empresarial.
Alexandre Penas aclarou que na xunta de goberno da Deputación o BNG votou en contra desta proposta do PSOE por que consideramos que vai contra o espíritu dos acordos adoptados nos plenos da Deputación e do Concello. Se pretendemos que o edificio do Hospital de San Xosé teña un uso verdadeiramente social debe estar ao servizo de colectivos lucenses e non en mans de unha única entidade que recibirá un edificio emblemático en pleno centro da cidade para facer uso del durante 75 anos afirmou Penas.
Máis de 2.000 sinaturas.
Dende o BNG lembrouse que se presentaran máis de 2 mil sinatura pedindo que neste edificio se creara un espazo para cubrir as necesidades do movemento asociativo lucense e tamén a creación de salas de uso polivalente. Penas dixo que foron moitas persoas e colectivos que se implicaron naquela campaña para a recollida de sinaturas e está claro que Besteiro non os tivo en conta á hora de tomar esta decisión que parece dirixida claramente a entregar o edificio a algunha entidade ben definida.