O BNG RECLAMA QUE O CONCELLO DE LUGO ACOMETA A ELIMINACIÓN DOS NOMES FRANQUISTAS DAS RÚAS
Paz Abraira dixo que PSOE e PP escefifican distancia política pero están dacordo en moitas cuestións de caracter ideolóxico
A substitución dos nomes franquistas das rúas de Lugo quedou en suspenso no pleno do pasado 30 de xuño á espera da presentación de varios informes técnicos
Lugo, 16 de setembro 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, o BNG lle reclamará ao goberno municipal que leve a pleno a eliminación dos nomes franquistas das rúas de Lugo. O BNG quere a eliminación, en Lugo, dos vestixios da dictadura miltar dixo Paz Abraira. A substitución dos nomes franquistas das rúas de Lugo quedou en suspenso no pleno do pasado 30 de xuño á espera da presentación de varios informes técnicos. Abraira lembrou que o BNG leva moitos anos reclamando que os nomes franquistas das rúas desaparezan do rueiro. A voceira nacionalista lamentou a actitude do PSOE que se plegou aos intereses do PP e retirou da sesión plenaria do 30 de xuño a proposta que contemplaba o cambio dos nomes franquistas das rúas que aínda os manteñen en Lugo.
Paz Abraira referiuse aos acordos entre PP e PSOE e dixo que ámbalas dúas forzas fixeron acordos políticos para gastar os cartos do concello en obras coas que buscan réditos electorais e engadiu que pretenden escenificar unha distancia que entre eles non existe xa que hai cuestións de caracter ideolóxico nas que están de acordo como é este caso. Abraira insistiu en que o goberno municipal debe levar a pleno a eliminación dos nomes franquistas das rúas de Lugo por que quedará plasmado cal é o modelo que defenden PP e PSOE e cal é o modelo que defende o BNG.
Foi o BNG quen impulsou, sempre, estes cambios no concello de Lugo. O primeiro cambio de nomes franquistas na rúas de Lugo acometeuse no mandato do 1999 e iniciouse, de novo, no actual mandato pola vontade do BNG mentres estivo no goberno municipal. Abraira dixo que compre que os nomes franquistas desaparezan do rueiro da cidade para que en Lugo prevaleza, con claridade, a democracia.