O BNG CUESTIONA A SANCIÓN PROPOSTA PARA URBASER
Os nacionalistas lembran que o concello gastou preto de 25.000 euros para pagar a productividade da Policía Local pola protección a Urbaser
Paz Abraira dixo que os lucenses descoñecen se hai algún tipo de proposta firme de desconto do custe dos recibos durante os días de folga
Lugo, 17 de setembro 2014. O Bloque Nacionalista Galego presentará unha serie de preguntas para ser tratadas no próxima comisión de medioambiente, así o anunciou a voceira nacionalista Paz Abraira quen sinalou que para o BNG queda moito que resolver con Urbaser no relativo á folga de limpeza e recollida do lixo. Segundo dixo Paz Abraira a sanción de 30.000 imposta non recolle elementos importantes como o cueste do traballo de protección aos traballadores e medios de Urbaser por parte da Policía Local durante o periodo de Folga. Abraira lembrou que somentes para pagar a produtividade da Policía Local o concello destinou unha cantidade próxima aos 25.000 euros.
Dende o BNG preguntou se a sanción imposta á empresa Urbaser por infracción moi grave lle pone fin ao expediente aberto polo concello de Lugo polo incumprimento dos servizos mínimos durante a folga. Os nacionalistas tamén se interesaron por saber se o goberno municipal ten cuantificado o perxuizo económico que lle casou ao concello de Lugo a empresa Urbaser polos incumprimentos do contrato de limpeza e recollida de lixo durante a folga deste verán. Paz Abraira dixo que os lucenses descoñecen se hai algún tipo de proposta firme de desconto do custe dos recibos durante os días de folga.
Abraira lembrou que o BNG presentará no seu momento un rogo á comisión de alcaldía para que se lle descontara á empresa Urbaser os 24.980,24 que costou a protección policial durante a folga de recollida do lixo. Paz Abraira dixo que non temos por que pagar a protección a unha empresa que, por riba, estaba a incumprir o contrato que tiña co concello de Lugo. Para o BNG este é outro custo máis dos que acarrexou a incompetencia do goberno local para evitar unha folga que non tiña por que producirse. A policía local, por mandato do alcalde, o único que fixo foi protexer os intereses dunha empresa que estaba boicoteando o dereito á folga dos traballadores afirmou Paz Abraira.
Dende o BNG sinalan que este non é o único custo que tivo, para os veciños e veciñas de Lugo, este conflicto xa que ademais do importe económico que supón este pago da produtividade, a policía non puido desenvolver o seu traballo con normalidade e atender as demandas da cidadanía xa que foron ocupados nestas tarefas de escolta e na protección do equipo do goberno. Paz Abraira lembrou que algún día houbo ata dez policías protexendo o edificio do concello duns traballadores e traballadoras que en todo momento foron pacíficos e respetuosos nas súas protestas.
Segundo decreto asinado polo alcalde de Lugo, con número 14007481, o concello destinou un total de 24.980,24 ao pago dun complemento de productividade os membros da Policía Local que realizaron traballos de protección e apoio os equipos de limpeza durante a folga de recollida de lixo. A policía local estivo a realizar traballos de protección e apoio os equipos de limpeza durante a folga.