O BNG APOIA O PECHE NO IES AS MERCEDES

O BNG APOIA O PECHE NO IES AS MERCEDES

A comunidade educativa manterá un peche ininterrompido no centro durante tres días

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público programou unha serie de peches contra a LOMCE en diferentes centros do país durante o mes de abril

LUGO, 17 de abril de 2013. O BNG de Lugo manifestou hoxe o seu apoio ao encerro que a comunidade educativa do IES As Mercedes iniciou hoxe. O voceiro municipal, Antón Bao, e a edil Paz Abraira visitaron hoxe o centro no momento en que deu inicio este peche que se prolongará ata o venres. Esta acción enmarcase dentro dunha serie peches programados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en todo o país durante o mes de abril e que teñen como obxectivo loitar contra a aprobación da Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

No caso do IES As Mercedes esta acción ten unha especial significación polo decreto que elimina as ensinanzas de BAC e ESO deste centro. Para Antón Bao “trátase de amosar o total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática, e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e que expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade”.

Este peche ten como obxectivo, tamén, manifestarse en contra da aprobación da Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Esta lei imporá unhas medidas que buscan reducir o profesorado dos centros (despedindo miles de docentes), incrementar o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa. Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.

Os peches van ser rotativos e desenvolveranse durante todo mes nas localidades, nos centros e datas que se detallan de seguido:

9 de abril: SANTIAGO (IES Rosalía de Castro)

10 de abril: A CORUÑA (IES Menéndez Pidal)

11 de abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)

11 de abril FERROL (CIFP Ferrolterra)

12 de abril A GUARDA (CEIP A Sangriña)

15 abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)

15 abril CANGAS (IES Rodeira)

17 abril LUGO (IES As Mercedes)

18 abril VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)

22 abril BURELA (IES Monte Castelo)

22 abril OURENSE (Xefatura territorial)

23 abril CAMBADOS (IES Ramón Cabanillas)

24 abril RIBEIRA (IES Nº 1)

24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)

25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)

26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estase a mobilizar contra o anteproxecto de LOMCE, para.

O BNG APOIA O PECHE NO IES AS MERCEDES