“A ESTAFA DAS PREFERENTES É UN ROUBO DE 600 MILLÓNS DE € PARA O PAÍS” AFIRMOU XAVIER VENCE EN LUGO

“A ESTAFA DAS PREFERENTES É UN ROUBO DE 600 MILLÓNS DE € PARA O PAÍS” AFIRMOU XAVIER VENCE EN LUGO

Vence acusou a Feijoo de “fuxir cando tiña que dar contas das súas relacións co mundo do narcotráfico”

Sobre a situación de Alimentos Lácteos que “temos que consolidar a capacidade de produción para consolidar emprego e a Xunta ten que darlle solución ao problema de Alimentos Lácteos”

LUGO, 18 de abril de 2013. O voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego visitou hoxe Lugo e reuniuse coa plataforma de afectados polas preferentes. O voceiro nacional do BNG asegurou que “a estafa das preferentes é un roubo ao país de 600 millóns de euros que emigra ao sistema financieiro español”. Para o BNG está claro que a única solución ao problema das preferentes “é unha solución política” e segundo Vence “temos que conseguir, coa rebelión dos afectados e da cidadanía, que non sexan eles os que paguen os pratos rotos dunha banca especulativa que enganou e estafou a milleiros de persoas”.

Xavier Vence mantivo, tamén, unha xuntanza co comité de empresa de Alimentos Lácteos para coñecer de primeira man a situación en que se atopa neste momento a empresa e cales son as perspectivas dos traballadores. En referencia a situación de Alimentos Lácteos Vence dixo que “temos que consolidar a capacidade de produción para consolidar emprego e a Xunta ten que darlle solución ao problema de Alimentos Lácteos”.

Sobre a viaxe a México do presidente da Xunta o voceiro nacional do BNG acusou a Feijoo de “fuxiu cando tiña que dar conta da súa relación co mundo narcotráfico”. Vence dixo que o froito desta viaxe foi nulo xa que “resultados novos ningún, o que hai é renovación de promesas vellas incumpridas” e engadiu que “non trae nada novo máis que apretóns de mán pero non novos contratos nin relacións comerciais.

A preguntas dos xornalistas sobre as cualificacións, feitas por responsables do PP, nas que se asimilaban os escraches ao nazismo Vence afirmou que “o nazismo é despreciar os dereitos da poboación e daquelas persoas que sufren as consecuencias da crise” e engadiu que “nazismo é cando os que están no goberno desprezan aos seus votantes, as persoas que os puxeron ahí e polo tanto á democracia”.

Vence rematou a xornada cuna xuntanza no Centro SocioCultural do Corgo na que fixo unha exposición da visión que ten o BNG sobre a situación de crise que nos atravesa. O voceiro nacional do BNG estivo acompañado da responsable comarcal, Esther López, o voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, o responsable local, Alexandre Penas, e o deputado nacionalista Mario Outeiro.

“A ESTAFA DAS PREFERENTES É UN ROUBO DE 600 MILLÓNS DE € PARA O PAÍS” AFIRMOU XAVIER VENCE EN LUGO