O BNG APOSTA POLOS MERCADOS LOCAIS E OS PRODUTOS DE CALIDADE
Os nacionalistas abriron a campaña de actos a redor do día do Medio Ambiente cunha compra simbólica no Mercado da Terra de Lugo
Alexandre Penas reclamou das administracións públicas e principalmente do Concello de Lugo, un apoio decidido a esta fonte extratéxica de desenvolvemento económico, social e medioambiental
Lugo, a 4 de xuño de 2013. O BNG de Lugo abriu hoxe os actos programados arredor do día do Medio Ambiente cunha visita simbólica ao Mercado do Terra, un mercado que se celebra todas as semanas no Mercado Municipal de Lugo e no que se comercializan produtos ecolóxicos e procedentes de produtores locais. Á visita acudiron afiliados/as e cargos orgánicos e institucionais do BNG de Lugo. Durante a visita o responsable local do BNG de Lugo, Alexandre Penas, lembrou que este ano o día mundial do Medio Ambiente ten por lema PENSA, ALIMÉNTATE. AFORRA. Alexandre Penas sinalou, en referencia aos mercados locais, que en tempos de crise, Galiza é capaz de autoabastecerse con productos agro-gandeiros de primeira calidade, e isto pode ser clave para o desenvolvemento económico dos nosos gandeiros e agricultores.
Durante a visita os membros do BNG puideron coñecer, de primeira man, as dificultades coas que se atopan as persoas que apostan por vivir do medio rural e comercializar as súa producións. Iniciativas como o Mercado da Terra supoñen unha alternativa para produtores e consumidores fora das redes convencionais de comercialización. Este tipo de mercados incentivan o contacto directo entre produtores e consumidores e recuperan, cun novo formato, o espíritu dos mercados tradicionais. Dende o BNG reclamaron, ás administracións públicas, especificamente ao Concello de Lugo, un apoio decidido a esta fonte extratéxica de desenvolvemento económico, social e medioambiental.
Outro dos actos centrais da campaña será un roteiro que o BNG organiza para este domingo, 9 de xuño, polo Val de Neira no Concello de Baralla. Con este roteiro o BNG quere, segundo Alex Penas, reivindicar a defensa deste entorno contra as pretensións dunha multinacional para implantar unha mina, a ceo aberto, na comarca.
Unha aposta polos mercados de proximidade
O responsábel local do BNG, Alexandre Penas, animou a toda a cidadanía a mercar productos da nosa comarca, tanto no Mercado Municipal como na Praza da Abastos asi como nas diferentes tendas de barrio que hoxe en día existen na nosa cidade apostando polo bo servizo e a calidade. Os organizadores do Mercado da Terra de Lugo aproveitaron para anunciar que o vindeiro sábado día 6 de xullo, isto é dentro dun mes, teñen programado un Mercado da Terra especial, onde autoorganizarán diferentes actividades, como catas de productos, e faran un esforzo para amosar un escaparate de productos de alta calidade da nosa contorna.