O BNG-Asambleas Abertas denuncia o estado de abandono dos Lagos de Teixeiro
Para Rubén Arroxo trátase dun espazo a recuperar para o lecer dos lucenses que precisa de maior limpeza e un mellor mantemento
Arroxo lembrou que a zona dos Lagos de Teixeiro é un lugar privilexiado para a práctica deportiva
Lugo, 28 de xullo, 2015. O BNG - Asembleas Abertas solicitará, a través do concello de Lugo, que se acometa a limpeza e mantemento da área recreativa dos Lagos de Teixeiro. Arroxo lembrou que tanto o concello como a Xunta son os responsables da limpeza e mantemento desta zona que debe recuperarse como o lugar de esparcemento privilexiado que é. Rubén Arroxo visitou esta área recreativa e comprobou o mal estado no que se atopa.
O voceiro do BNG Asembleas Abertas referiuse á falta de limpeza e á necesidade de cortar a maleza que invade todo o espazo e sinalou que para que a xente poida usar esta zona de ocio ten que estar nunhas mínimas condicións de uso. Arroxo denunciou a presenza de lixo de todo tipo e de restos que non foron retirados dende fai moito tempo.
Arroxo tamén sinalou que compre que se mellore o estado das pistas de acceso e da contorna e lembrou que esta zona xa foi utilizada para a práctica deportiva no seu momento e debemos de recuperala para este fín. Arroxo lembrou que a zona dos Lagos de Teixeiro é un lugar privilexiado para a práctica deportiva.
Ademais é necesario facer operacións de mantemento e limpeza nas balsas de auga que son o eixo central do espazo. Neste momento varias destas balsas de auga teñen filtracións e atópanse cheas de area acumulada que reduce considerablemente o volume de auga contido e polo tanto supón un deterioro da flora e da fauna que nelas habita.