O BNG-ASAMBLEAS ABERTAS INICIARÁ A CAMPAÑA OCUPANDO, CUN HORTO URBÁN, UN TERREO PÚBLICO

O BNG-ASAMBLEAS ABERTAS INICIARÁ A CAMPAÑA OCUPANDO, CUN HORTO URBÁN, UN TERREO PÚBLICO

IMG_9613O Candidato do BNG-Asambleas Abertas sinalou que “estamos cos pés na terra, somos a única forza con propostas serias e factibles, e sabemos que os hortos urbáns é algo necesario”

“Sempre apostamos por a implantación destes hortos nos barrios e agora imos a efectivizalo” afirmou Rubén Arroxo 

Lugo, 28 de abril 2015. Rubén Arroxo, presentou acompañado do enxeñeiro agrónomo e membro da candidatura do BNG – Asambleas Abertas, Yann Georges Pouliquen, unha das accións coa que abrirán a campaña eleiotoral o vindeiro sábado 9 de maio. Na presentación tamén estivo presente a número 2 da candidatura, Maite Ferreiro, que estivo relacionada durante moitos anos co sindicalismo agrario.

A acción consisitirá, segundo explicou Arroxo, “en ocupar un terreo dunha zona dotacional para crear o primeiro horto urbán desta cidade”. Arroxo afirmou que “sempre apostamos por a implantación destes hortos nos barrios e agora imos a efectivizalo” e engadiu que “sabemos que en Lugo existe unha demanda importante deste tipo de hortos e imos poñer a disposición de veciñas e veciños terreos que están totalmente abandoados”.

Arroxo dixo que “a posta en marcha dos hotos urbáns non require practicamente de investimento económico somentes de vontade política para facelo” e engadiu que “os partidos tradicionais están empeñados en anunciar grandes obras que non van realizar pero a xente valora estas actuacións que melloran a súa calidade de vida e fan que Lugo funcione”. Rubén Arroxo sinalou que “na miña casa temos horta e sei que, ademais, a produción destes hortos tamén supón un pequeno apoio á economía familiar tan necesaria nestes tempos”.

IMG_9616A acción prevista pola candidatura do BNG – Asambleas Abertas consistirá nunha xornada na que se fará unha plantación dun horto, haberá unha charla sobre cultivo en horto sen produtos químicos que será impartido polo enxeñeiro agrónomo, e especialista en produción ecolóxica, Yann Georges Pouliquen. Na presentación Pouliquen dixo que “é importante que estes hortos estén situados en lugares accesibles para todo tipo de persoas e a unha distancia axeitada para que a xente poida chegar camiñando”.

O BNG-ASAMBLEAS ABERTAS INICIARÁ A CAMPAÑA OCUPANDO, CUN HORTO URBÁN, UN TERREO PÚBLICO