O BNG-ASAMBLEAS ABERTAS PORÁ EN MARCHA POLÍTICAS ACTIVAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O BNG-ASAMBLEAS ABERTAS PORÁ EN MARCHA POLÍTICAS ACTIVAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

IMG_0073Rubén Arroxo sinalou que “se as 51 mulleres mortas en 2014 por violencia de xénero fosen víctimas doutro tipo de terrorismo todo o país estaría a rasgarse as vestiduras”

As políticas do BNG-Asambleas Abertas contra a violencia de xénero serán claras e contundentes “non volveremos vivir episdios de baleiros competenciais como os ocurridos tras o asasinato do Camiño Real”

Lugo, 8 de maio 2015. O BNG – Asambleas Abertas porá en marcha políticas activas contra a violencia de xénero. “Apoiaremos a todos os colectivos que traballan neste eido e colaboraremos con todas as entidades e institucións de xeito transversal” sinalou Arroxo. O candidato nacionalista lembrou como no ano 2013 se viviu no concello de Lugo unha situación deste tipo que deixou ao descuberto, igual que sucedeu hoxe en Ourense, a febleza dos sistemas de protección ás víctimas.

O BNG – Asambleas Abertas decidiu suspender todos os actos de campaña previstos para a tarde-noite de hoxe e chama a mobilización social en protesta polo último asasinato machista dunha muller no hospital público de Ourense. Sucesos como o ocurrido hoxe en Ourense deixan entrever que as políticas en matería de igualdade non son do calado suficiente e demóstrase o “estrepitoso” fracaso dos protocolos de protección das mulleres que sofren violencia de xénero.

Arroxo informou, tamén, que a portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para peder explicacións ao Goberno porque non se adoptaron medidas preventivas de vixianza sobre o home que presuntamente asasinou esta mañá á súa parella no Centro Hospitalario de Ourense.

Arroxo fixo estas declaración mentres participaba nun reparto electoral no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros e na Praza de Abastos. Arroxo tivo a oportunidade de intercambiar, con varios comerciantes e industrias, impresións sobre o que debe ser a xestión dos mercados municipais e o futuro cara o que deben camiñar.

O BNG-ASAMBLEAS ABERTAS PORÁ EN MARCHA POLÍTICAS ACTIVAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO