FAREMOS UNHA CAMPAÑA MODESTA E IMAXINATIVA AFIRMOU ARROXO
Rubén Arroxo sinalou que a campaña será feita coas aportacións e o traballo da militancia do BNG e das persoas simpatizantes
O candidato do BNG-Asambleas Abertas aclarou que no faremos utilización de cartos públicos para os envios de publicidade aos domicilios
Lugo, 7 de maio 2015. Rubén Arroxo anunciou que o BNG Asambleas Abertas inicia hoxe unha campaña modesta e imaxinativa e engadiu que imos facela con moi pouco gasto económico e moita ilusión. O candidato do BNG Asambleas Abertas sinalou que non faremos utilización de cartos públicos para os envios de publicidade aos domicilios e que a campaña será financiada cos fondos do BNG e coas aportacións económicas dos seus militantes. Arroxo aclarou que nós somos os únicos que renunciamos á subvención para pagar o mailing, aforrando miles de de cartos públicos
Arroxo agradeceu a implicación de todas as persoas que está a traballar e traballarán durante a toda a campaña para levar adiante un proxecto colectivo que é fundamental para que Lugo funcione. No BNG-Asamblea Abertas imos facer unha Campaña modesta pero imaxinativa dixo Arroxo, quen engadiu que na cidade faremos a campaña a pé e en bicicletas, será unha campaña sostible.
Rubén Arroxo colaborou, na xornada de hoxe, na preparación de material de campaña cun grupo de militantes e simpatizantes. O BNG - Asamblea Abertas estableceu unha fórmula denominada como formigueiros para incorporar a colaboración de todas as persoas que queiran colaborar activamente nesta campaña. Os formigueiros do BNG - Asamblea Abertas estarán adicados a facer todo o traballo de intendencia e difusión para a campaña electoral.