O PSOE QUERE TAPAR AS CARENCIAS EN SERVIZOS SOCIAIS COA PORCENTAXE QUE DIN QUE LEVABA LIÑARES
Rubén Arroxo dixo, durante unha visita a unha explotación gandeira, que usaremos o concello como ferramenta para defender o medio rural e as persoas que viven do seu traballo
Para o candidato do BNG Asambleas Abertas parece que a única proposta de Orozco a respecto da mobilidade é a de encerrar as bicicletas nun carril bici
Lugo, 6 de maio 2015. O candidato, Rubén Arroxo, visitou, acompañado de compoñentes da candidatura do BNG Asambleas Abertas, unha explotación agrogandeira na parroquia de Pedreda. Arroxo fixo alusión ao dificil momento que está a atravesar o sector lácteo galego e comprometeuse a usar o concello como ferramenta para defender o medio rural e as persoas que viven do seu traballo. Rubén Arroxo dixo que en canto aos servizos, non pode haber diferencias entre a cidade e o rural.
Rubén Arroxo dixo que o prezo do leite, neste momento, é un insulto aos gandeiros e gandeiras e lembrou que cando o BNG tiña responsabilidades na consellería do medio rural o prezo do leite chegou a duplicar o actual e lembrou que as políticas do PP nesta materia quedaron á luz co que sucedeu co defunto proxecto de Alimentos Lácteos, no que se enterraron millóns de euros e rematou con duas persoas do PP, que estaban á fronte do proxecto, nos xulgados por enrriquecerse cos cartos que deberían estar á diposición deste proxecto lácteo.
O cabeza de lista do BNG Asambleas Abertas á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, propuxo unha serie de medidas para revitalizar e dinamizar a ampla zona rural do Concello de Lugo e conseguir que sexa unha fonte de riqueza e de emprego para as persoas que habitan as distintas parroquias. O candidato nacionalista insistíu na importancia que tén a zona rural de Lugo, na que viven unhas 9.000 persoas nos 315 núcleos de poboación existentes, pertencentes a 54 parroquias.
Unha porcentaxe da ORA para os servizos sociais
Arroxo manifestou a súa sorpresa tras coñecer, pola prensa, o programa do partido socialista e afirmou, en relación ao anuncio de destinar o 1% da recadación da hora aos servizos sociais, que o PSOE quere tapar as carencias en servizos sociais coa porcentaxe que din que levaba Liñares. Para o candidato do BNG Asambleas Abertas non é normal que o investimento en servizos sociais quede en función dunha porcentaxe de recadación e moito menos cando se trata dos ingresos que proveñen dun sistema de control do aparcamento tan cuestionado.
Carril bici
O candidato do BNG Asambleas Abertas referiuse tamén ao anuncio de creación dun carril bici e sinalou parece que a única proposta de Orozco a respecto da mobilidade é a de encerrar as bicicletas nun carril bici. Arroxo dixo que se o prentende contentar á xente preocupada por potenciar o uso da bicicleta coa creación dun carril bici está claro que descoñece cal é o modelo de cidade que Lugo precisa para potenciar a mobilidade sostible. Rubén Arroxo sinalou, unha vez máis, que o noso modelo é o de implantar zona 30 en toda a cidade e convertir así todas as rúas en espazos seguros para os peóns, as bicicletas e os vehículos.