APOSTAMOS POLOS PRODUTOS DO PAÍS E POLO COMERCIO DE PROXIMIDADE ANUNCIOU ARROXO
APOSTAMOS POLOS PRODUTOS DO PAÍS E POLO COMERCIO DE PROXIMIDADE ANUNCIOU ARROXO
Para o candidato do BNG Asambleas Abertas compre avanzar no impulso e modernización do Mercado Municipal e da Praza de Abastos
Arroxo indicou que os produtos da horta son unha interesante aportación ás economías familiares por eso o sábado abriremos o primeiro horto urbán público en Lugo
Lugo, 5 de maio 2015. O candidato, Rubén Arroxo, visitou esta tarde o Mercado da Terra acompañado de compoñentes da candidatura do BNG Asambleas Abertas. Arroxo dixo que nesta semana demostramos, unha vez máis, o noso compromiso co consumo responsable de produtos do páis e explicou que ademais da calidade e das cualidades organolépticas que posuen, os produtos da horta son unha interesante aportación ás economías familiares.
Arroxo dixo que hoxe participamos publicamente nunha compra responsable e o sábado abriremos o primeiro hotor urbán público en Lugo e engadiu que Lugo non conta con hortos urbáns municipais pola cabezonería de Orozco, por non querer desenvolver as propostas do BNG. A dos hortos urbáns é unha proposta de fácil execución e que non precisa dunha alta inversión, hai espazos suficientes para implantar os hortos e a xente é moi receptiva a este tipo de iniciativas como xa se ten demostrado.
Nesta compra simbólica e efectiva como a cualificou Rubén Arroxo aproveitamos para convidar a todos os produtores e xente interesada en participar no acto de ocupación de terras públicas deste sábado por que entendemos que debe ser unha acción colectiva. Arroxo dixo que estamos seguros que, co acto do sábado, quedarán implantados definitivamente os hortos urbáns públicos nesta cidade.