RUBÉN ARROXO PROPUXO ABRIR OS CENTROS ESCOLARES PARA FOMENTAR O DEPORTE DE BARRIO
Para o candidato do BNG Asambleas Abertas non é normal que por problemas burocráticos demos as costas a unha realidade como é a utilización das pistas deportivas dos centros escolares durante as fins de semana e as vacacións
Arroxo lembrou que son as únicas instalacións deportivas existentes nalgúns barrios
Lugo, 3 de maio 2015. Abrir as pistas polideportivas dos centros escolares durante as fins de semana e fora do horario lectivo é unha das propostas que se incluirán no programa do BNG Asambleas Abertas. Rubén Arroxo dixo que é unha maneira de fomentar o deporte de barrio e engadiu hai moitos barrios da cidade que non teñen ningunha instalación deportiva. Arroxo puxo como exemplo a zona de Lamas de Prado onde hai tres centros escolares e ningunha outra instalación deportiva.
Arroxo, acompañado da triatleta Alba Cuba, que ocupa o número 20 da candidatura do BNG Asambleas Abertas, e do responsable local de Galiza Nova, achegáronse a un centro escolar para facer unha apertura simbólica. Temos que ser a xente máis nova quen demos pasos para cambiar as cousas e plantexemos alternativas para que Lugo funcione, non podemos limitarnos unicamente a emigrar afirmou Rubén Arroxo.
Rubén Arroxo sinalou que non é normal que por problemas burocráticos demos as costas a unha realidade como é a utilización das pistas deportivas dos centros escolares durante as fins de semana e as vacacións. Neste momento xa son moitos os mozos e mozas que acceden ao interior dos recintos escolares para facer deporte en horario non lectivo e esto é unha realidade concluíu Arroxo que sinalou somentes hai que regular e darlle forma para evitar problemas.
Estableceremos un mecanismo de solicitude do uso da instalación a través do correo electrónico, facebook ou whatsapp dixo Arroxo que explicou evidentemente non se trata de que os recintos escolares permanezan abertos sen control. Para BNG Asambleas Abertas trátase, simplemente, de facer unha boa xestión das instalacións públicas. Somos conscentes de que esta idea xa foi proposta con anterioridade pero o actual goberno non foi capaz de facela funcionar, nos antepoñemos as persoas á burocracia e por iso faremos que funcione finalizou Arroxo.