RUBÉN ARROXO DIXO QUE “OS NEGOCIOS DA IGREXA TEÑEN QUE PAGAR A CONTRIBUCIÓN COMO TODO DIOS”

RUBÉN ARROXO DIXO QUE “OS NEGOCIOS DA IGREXA TEÑEN QUE PAGAR A CONTRIBUCIÓN COMO TODO DIOS”

IMG_9632  Para o candidato do BNG Asambleas – Abertas “non é normal que empresas como a do aparcadoiro do seminario teñan exención de pagamento do IBI e o concello perda preto de 200.000 euros anuais”

Arroxo lembrou que a igrexa católica ten exencións sobre o pago do IBI dende a época do franquismo

Lugo, 2 de maio 2015. O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, asegurou que se a formación que representa chega ao goberno municipal “poñeremos a traballar aos equipos xurídicos do concello para facer que igrexia católica pague o imposto de bens inmobles igual que o resto dos veciños e veciñas de Lugo”. Realiceremos un inventario de todos os bens inmobiliarios da igrexia católica para coñecer todos aqueles susceptibles de cobro.

Arroxo dixo que “está claro que facer unha política impositiva igualitaria para todos e todas depende de nós, por que nin Orozco, nin Castiñeira van a enfrontarse cos curas”. Para o candidato do BNG IMG_9625Asambleas – Abertas “non é normal que empresas como a do aparcadoiro do seminario teñan exención de pagamento do IBI”. Arroxo cifrou en preto de 200.000 € a cuantía que o concello está deixando de ingresar anualmente tan so polo IBI do aparcadoiro do Seminario. A estes 200.000 € habería que sumar o importe de todos os edificios e fincas que a igrexa posúe no territorio do concello de Lugo.

Rubén Arroxo sinalou que os negocios e propiedades da igrexa católica están exentas de pago a través de diversos mecanismos. A maior parte de delas acóllense a un concordato establecido entre o estado español e o estado vaticano asinado en 1979, xusto 6 días despois da entrada en vigor da constitución española. A través deste acordo a igrexa está exenta do pago de impostos como o IVE ou o IRPF, e ten exención de pago tamén sobre o imposto de bens inmobles. Outro dos mecanismos, como o que usan no caso do aparcadoiro do seminario, é a través dunha cláusula da lei de mecenazgo coa que evitan o pagamento do IBI municipal.

IMG_9635Arroxo lembrou que a igrexa católica ten exencións sobre o pago do IBI dende a época do franquismo xa que o actual concordato, asinado en 1979, é a sucesión do acordo inicial que asinou o estado español e o estado vaticano en 1953. Arroxo sinalou que “hai auténticos negocios da igrexa que non pagan este imposto ao concello” e engadiu “a esto hai que sumar un elevado número de casas, pisos, fincas e edificios exintentes no territorio municipal”.

Arroxo explicou que “existen sentenzas xudiciais que avalan a obriga da Igrexa de realizar este pagamento en igualdade de condicións que o resto dos contribuintes”. O candidato do BNG – Asambleas Abertas lembrou que “o Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Ourense dictou unha sentenza a favor do Concello de Allariz a respecto do pagamento do IBI por parte da igrexa católica” e sinalou que “a Igrexa Católica demanda dos cidadáns que contribúan ao seu mantemento, cos seus impostos, mentres trata de evadir o seu pago”.

RUBÉN ARROXO DIXO QUE “OS NEGOCIOS DA IGREXA TEÑEN QUE PAGAR A CONTRIBUCIÓN COMO TODO DIOS”