RUBÉN ARROXO ANUNCIOU UN PLAN DE ELIMINACIÓN DE TRAMPAS PARA MOTORISTAS
Incrementar, progresivamente, a seguridade para as motos é unha cuestión de sensibilidade, non se trata de grandes inversións sinalou Rubén Arroxo
Arroxo fixo un percorrido por diferentes rúas da cidade cun grupo de motoristas para comprobar cales son as melloras necesarias
Lugo, 30 de abril 2015. O candidato do BNG Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, acompañado da número dous da candidatura, Maite Ferreiro, percorreron cun grupo de motoristas diversas rúas da cidade e do extraradio para comprobar cales son as melloras que se poden acometer á hora incrementar a seguridade para este tipo de vehículos. Rubén Arroxo sinalou que incrementar, progresivamente, a seguridade para as motos é unha cuestión de sensibilidade, non se trata de grandes inversións.
No modelo de cidade que nós defendemos, as motos son vehículos que encaixan perfectamente por que permiten unha maior fluidez no tráfico e precisan moitos menos metros cadrados de aparcamento para cada vehículo sinalou Rubén Arroxo. O BNG Asambleas Abertas apost ará por aumentar o número de espazos para o estacionamento de motocicletas na cidade por que será un xeito de promover o uso deste vehículo que cada en vez encaixa mellor na climatoloxía lucense asegurou Arroxo.
Arroxo afirmou que faremos un plan de eliminación de trampas para motoristas e engadiu que cousas tan simples como facer doutra maneira o pintado dos pasos de peóns pode evitar caídas e accidentes innecesarios. Neste momento todos os pasos de peóns deste concello son pistas de patinaxe para as motos e hai que substituír as actuais bandas continuas por liñas discontinuas verticais dixo o candidato do BNG Asambleas Abertas.
Fochancas no Ceao
Rubén Arroxo puxo como exemplo das trampas existentes para motoristas as enormes fochancas existentes nas rotondas do polígono industrial do Ceao o que para un coche supón unha pequena vibración, para unha moto pode supoñer un accidente de consecuencias imprevisibles. Arroxo dixo, falando das rotondas do Ceao, que é un dos accesos máis importantes á cidade e por estas rotondas circulan miles de vehículos diariamente por eso precisan dunha especial atención e mantemento.