O EDIFICIO DA RESIDENCIA TEN QUE TER USO SOCIO-SANITARIO, LUGO PRECISA ESPAZOS DIXO ARROXO
Non pode ser que teñamos un edificio arruinandose e que a xente das as asociacións traballe en locais con condicións pouco axeitadas sinalou Rubén Arroxo
Arroxo visitou a algunhas das asociacións que traballan no eido socio-sanitario na Casa Clara Campoamor para coñecer as súas necesidades
Lugo, 30 de abril 2015. O candidato do BNG Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, acompañado da número dous da candidatura, Maite Ferreiro, mantiveron un encontro con representantes de asociacións do eido socio-sanitario que traballan na Casa Clara Campoamor do parque da Milagrosa. Os candidatos do BNG AA achegaronse para coñecer de primeira man o traballo que realizan nos seus correpondentes ámbitos de acututación.
Despois de comprobar as condicións nas que traballan, Arroxo afirmou que estas asociacións precisan de outros espazos máis axeitados e engadiu que nos sempre tivemos claro que o modelo de espazo para as asociacións e por eso, no seu momento, reivindicamos que o edificio do hospital de San Xosé fose de uso para todo o tecido asociativo.
Non pode ser que teñamos un edificio arruinandose e que a xente das as asociacións traballe en locais con condicións pouco axeitadas sinalou Rubén Arroxo. O edificio da residencia ten que ter uso socio-sanitario, Lugo precisa espazos para que as asociacións poidan desenvolver a súa actividade en lugares axeitados dixo Arroxo.
Acto no edificio da Residencia
O candidato do BNG Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, asistiu ao acto reivindicativo convocado diante do edificio da antiga Residencia. Arroxo sinalou que tras 5 anos de abandono deste edificio seguimos a loitar por que non se converta nunha ruina e teña o uso socio-sanitario que Lugo precisa en engadiu que sempre apostamos por un PAC e a creación dunha residencia para maiores non asistidos xa que son dúas necesidades deste concello.