O BNG-Asembleas Abertas aposta polo coidado dos sendeiros fluviais
O BNG-Asambleas Abertas reclama o coidado e o desbroce dos sendeiros fluviais de Lugo
Para Rubén Arroxo Son cuestións de pouco custe e de grande uso, polo que o goberno municipal debe de reclamar ás outras institucións implicadas o seu mantemento
Lugo, 3 de agosto do 2015. O BNG - Asembleas Abertas pídelle, ás diferentes institucións competentes a limpeza e o desbroce das rutas e dos sendeiros que discorren polas beiras dos nosos ríos. Para Rubén Arroxo Son cuestións de pouco custe e de grande uso, polo que o goberno municipal debe de reclamar ás outras institucións implicadas o seu mantemento. Arroxo lembrou tamén que só dentro do concello de Lugo hai preto de 50km de sendeiros nas beiras dos diferentes cauces fluviais, algo que sinalou como privilexio do que poucos concellos poden presumir, mais segundo apuntou de pouco serve termos estas marabillas naturais se non existe preocupación polo seu coidado, o concelleiro nacionalista apuntaba isto durante unha visita ás proximidades do río Chamoso na coñecida como Ruta da Casa da Fervenza.
O voceiro do BNG Asembleas Abertas apuntou tamén que son moitas as persoas, que moi especialmente nesta época do ano, usan estas rutas calquera día da semana podemos ver ducias de persoas camiñando, correndo ou indo en bicicleta por estes camiños, malia a todo Arroxo ve con preocupación que a maleza chegue a cubrir case por completo algúns dos tramos, dificultando en boa medida o paso por eles, ou o estado de deterioro no que se atopan as pasarelas, facéndoas perigosas para o paso das persoas.
Arroxo tamén sinalou que no programa do BNG-AA ía incluído, a proposta de varios colectivos, a creación de circuítos de rutas organizadas de sendeirismo, deporte que está a medrar e que permite ser realizado por persoas de todas as idades "Que Lugo dispoña destes percorridos co seu adecuado mantemento, obríganos a sacar adiante proxectos coma este" e no que anunciaba xa que o BNG-AA voverá reclamar que haxa este tipo de actividades impulsadas dende o concello.