Parlamentari@s do BNG visitaron a zona afectada polo lume de Navia de Suarna
Dende o BNG criticaron a falta de previsión e a carencia de medios coa que se ven obrigados a traballar os efectivos contraincendios
Ana Pónton lembrou que que as políticas prevención son fundamentais para evitar lumes coma este que arrasan boa parte do noso patrimonio paisaxístico
Navia de Suarna, 31 de xullo 2015. Os parlamentarios do BNG, Cosme Pombo, Ana Pontón e Tareixa Paz, visitaron a zona afectada polo incendio que na pasada fin de semana afectou a máis de 430 hectáreas na zona de Navia de Suarna. Os nacionalistas cualificaron como un desastre so comparable ás políticas do PP en materia de prevención e extinción de incendios. Pombo sinalou que a medida que avanza o mandato de Feijoo, avanza o lume e lembrou que os incendios desta fin de semana en Navia de Suarna e O Caurel sumaron máis de 631 hectáreas, o que supera a superficie total que ardeu nos dous últimos anos na provincia de Lugo.
A parlamentaria Ana Pontón fixo referencia á situación na que quedou a zona devastada polo lume vemos como as primeiras chuvias xa produciron arrastre de cinza e terras o que pode producir unha tremenda erosión do chan e a contaminación dos ríos da zona e anunciou que o BNG presentará unha serie de iniciativas para evitar o arrastre de terras e para que se acometan actuacións que eviten o que pode ser un auténtico desastre natural nunha zona privilexiada. Creemos que non é lóxico que se permita a regresión demográfica desta zona, medidas de diversificación económica e impulso do turismo.
Os nacionalistas comprobaron o gran impacto producido polo lume da fin de semana e criticaron a falta de actuación por parte da Xunta de Galiza a pesares de estar nun espazo natural protexido que debería contar con máis medios para a súa protección. Para o BNG non é lóxico que a estas alturas do ano aínda non está completado o servizo de extinción de incendios. As parlamentarias do BNG reclamaron que con urxencia se acomentan unha serie de actuacións para evitar o arrastre de terras e para recuperar esta zona a medio e longo prazo, mais o partido popular somentes está preocupado pola propaganda e por evitar que a xente non coñeza cales son os efectos das súa política forestal afirmou Ana Pontón.
Ana Pontón reafirmou o apoio do BNG ás léxitimas reivindicacións dos traballadores do servizo de extinción de incendios e reclamou a necesaria coordinación de todos os medios e efectivos para que a loita contra o lume sexa o máis eficaz posible.