O BNGAsembleas Abertas avanza que este ano volverá haber problemas para escolarización na zona sur
Rubén Arroxo lembrou que presentamos unha moción neste senso no pasado mes de decembro que, parece, foi ignorada por todas as institucións
A Xunta oferta 50 prazas no CEIP As Mercedes a pesares de que nestes momentos, o centro, só pode garantiir, por capacidade, 38 en condicións dignas
Lugo, 29 de febreiro de 2016. Rubén Arroxo informou que do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo de solicitude de praza para a escolarización para nenas e nenos de 3 anos e na zona sur de Lugo continuarán os problemas de prazas. Arroxo reclamou novas prazas e que se faga unha zonificación realista segundo as necesidades da cidade. O BNG Asembleas Abertas, a través do seu voceiro no concello de Lugo, denuncia que este ano de novo estaremos ante unha insuficiente oferta de prazas para esta zona da cidade.
Arroxo lembrou que o BNG xa presentou unha moción neste senso no pasado mes de decembro que parece foi ignorada por todas as institucións por que agora estamos, de novo, ante a mesma situación do pasado ano. Na cidade de Lugo tanto o mapa de escolarización como o número de prazas é o mesmo que o ano pasado, despois, iso sí, de ampliar 25 prazas en Casás e nas Mercedes despois dunha primeira adxudicación. A Xunta oferta 50 prazas no CEIP As Mercedes a pesares de que nestes momentos, o centro, só pode garantiir, por capacidade, 38 en condicións dignas.
O voceiro do BNG Asembleas Abertas adiantou que a partir de hoxe viviremos, de novo, a típica partida de pin-pon entre Concello e Xunta votándose as culpas de falta de cartos, de falta de informes, etc e engadiu que a estas alturas de curso non se fixo nada do prometido no CEIP das Mercedes. Arroxo afirmou que as familias están cansas de que a Xunta diga que un dos seus obxectivos é favorecer a conciliación familiar e laboral e despois dificulte a posibilidade de que o alumnado poida acudir a un centro educativo cerca do seu domicilio o do lugar de traballo das nais e os pais.