O BNG–Asembleas Abertas esixe contundencia ao goberno local contra os cortes de Endesa

O BNG–Asembleas Abertas esixe contundencia ao goberno local contra os cortes de Endesa

“O funcionamento dos servizos do Concello non poden depender dos intereses económicos das eléctricas” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 29 de decembro de 2015. O portavoz municipal do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pídelle ao goberno municipal contundencia coas eléctricas, ante unha situación que o concelleiro nacionalista definiu como moi grave “non se pode aceptar que as eléctricas corten a luz da piscina de Frigsa sen que haxa maior consecuencia”. O grupo nacionalista xa criticou o desmantelamento que estaban a sufrir os servizos electromecánicos do concello, presentando o pasado 30 de novembro unha bateria de preguntas á comisión municipal, mais consideran que as eléctricas non poden aproveitar esa situación en prexuizo das veciñas e veciños de Lugo “A veciñanza de Lugo paga dos seus petos as facturas a Endesa, polo que esta non pode cortar o subministro das instalacións que están a usar pola existencia de atrasos dende a institución” afirmou o portavoz nacionalista.

IMG_1841

Dende o BNG-Asembleas Abertas critican tanto o abandono que tivo o goberno municipal cos servizos electromecánicos, como á lexislación estatal do PP que dificulta ás institucións públicas contratar persoal. Rubén Arroxo considera importante que se revisen a totalidade das facturas antes de abonar o seu importe, para o cal considera evidente que fai falla máis persoal dedicado a esa labor para podelo facer con máis axilidade “o que non podemos aceptar é que cos cartos de Lugo se puideran pagar facturas que estivesen sen revisar”

O BNG–Asembleas Abertas esixe contundencia ao goberno local contra os cortes de Endesa