O BNGAsembleas Abertas estuda fórmulas para que o Concello poida saírse das eléctricas
Mentres a situación económica e social é dramática os monstruos das eléctricas incrementan beneficios e ameazan e chantaxean a persoas e institucións dixo Rubén Arroxo
Lugo, 30 de decembro de 2015. O portavoz municipal do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, atacou novamente con dureza a actitude das eléctricas afirmando que o Concello non pode caer nas súas chantaxes nin na súa dependencia Mentres a situación económica e social é dramática os monstruos das eléctricas incrementan beneficios e ameazan e chantaxean a persoas e institucións dixo Rubén Arroxo, á vez que lle volvía a insistir ao goberno municipal en que fose contundente e que non ceda por ameazas sería xa o colmo que as eléctricas, que xa gobernan onde lles deixan, intenten tamén gobernar no noso concello. O propio concelleiro afirmou que cómpre buscar alternativas ás grandes empresas eléctricas e informa que dende o seu grupo municipal xa están estudando diferentes posibilidades estanse creando diversas cooperativas como alternativa ás grandes eléctricas, que apostan ademais polas enerxías renovables, cómpre que as teñamos en conta afirmou o voceiro nacionalista comentando tamén que están observando o funcionamento de proxectos xa iniciados a nivel municipal como poida ser o caso dalgunhas das instalacións do concello de Rianxo e que nos vindeiros días achegarán propostas analizadas e tecnicamente consultadas que sirvan para Lugo.
O portavoz nacionalista afirmou tamén que as institución teñen que plantar cara a quen mostra total desprezo coas veciñas e veciños non podemos seguir dando millóns de euros dende as institucións a quen despois non ten maior problema en deixar á xente sen subministro eléctrico, as administracións públicas teñen moito que dicir aí
Dende o BNG - Asembleas Abertas apuntan que dende a privatización da enerxía eléctrica o prezo non fixo máis que dispararse en relación cos salarios, o cal está a dificultar moito a vida das persoas, lembrando tamén a necesidade de que un territorio exportador de enerxía como Galiza podería ter unha tarifa propia, ao igual que acontece internamente en estados europeos como Alemaña, Reino Unido ou Austria, permitindo iso un maior desenvolvemento industrial e polo tanto creación de emprego.