Propoñemos que o concello de Lugo comence a mercar electricidade a través de estruturas cooperativas
Rubén Arroxo sinalou que o concello gastará, neste ano, máis de 5 millóns de euros en enerxía e temos que saber como, cando e a quen se lle entregan eses cartos
A nivel municipal pódese facer unha revolución do modelo eléctrico afirmou Arroxo
Lugo, 4 de xaneiro de 2016. O portavoz municipal do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou hoxe que a formación que representa proporá que o concello de Lugo comence a mercar electricidade a través de estruturas cooperativas que están a funcionar en todo o estado e que se adican á distrubición de enerxía. Arroxo informou que a partir desta ano unha cooperativa galega comenzará a comercializar enerxía de xeito directo e temos que apostar por novas vías para que os cartos dos lucenses teñan un retorno social cando pagamos un servizo deste tipo.
Neste momento existen diferentes cooperativas creadas para a distribución de enerxía eléctrica. Este tipo de cooperativas apostan por un uso ético e social da enerxía e en moitos casos unicamente comercializan enerxía con certificado de produción renovable. As estruturas cooperativas de distribución eléctrica adican os seus beneficios a incrementar as infraestruturas de produción de enerxías renovabeis e á formación e investigación. Unha boa parte dos beneficios obtidos por estas distribuidoras de base cooperativa adícanse a bonos sociais para destinados ás persoas que, pola súa situación económica, non poden afrontar o pago enerxético.
Arroxo foi crítico co sucedido nos pasados días co corte submnistro por parte das acutais empresas distribuidoras. Unha critica que trasladou ao actual equipo de goberno municipal que está avanzando nun desmantelamento dos servizos eléctricos municipais como xa denunciou o BNG en diferentes ocasións e que xa foi iniciada polo equipo de Orozco. Arroxo indicou que para nós a enerxía ten que ser un servizo universal e non o actual modelo electríco que está plantexado como un auténtico oligopolio para beneficiar a uns poucos.
O BNG defende a creación dunha tarifa eléctrica galega por que producimos o 50 % máis da enerxía que consumimos e, cunha tarifa propia, poderiamos desenvolver os nosos sectores produtivos sendo máis competitivos afirmou Rubén Arroxo e sinalou que en todo momento estivemos contra a privatización dun ben que nos pertence a todas e a todos. As eléctricas non poden utilizar ás veciñas e veciños de Lugo coma escudos humanos para presionar ao concello para que lles pague o que piden sen revisar se esto se corresponde co gastado en realidade afirmou Arroxo.