Hai que tomar en serio o tema da mobilidade en Lugo afirmou Rubén Arroxo
O voceiro do BNG Asembleas Abertas sinalou que o que está a suceder estes días demostra que o actual modelo está esgotado e hai que sentarse para buscar solucións
Rubén Arroxo insta ao goberno municipal a comenzar a traballar contando con quen sabe destes temas para dar unha solución ao tráfico en Lugo
Lugo, 5 de xaneiro de 2016. O portavoz municipal do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, sumouse á preocupación de moitas e moitos lucenses polos continuos atascos que se están a dar estes día na cidade. Arroxo afirmou que hai que tomar en serio o tema da mobilidade e lembrou que dende a súa formación xa se fixeron diversas propostas de mellora na regulación do tráfico e a respecto de incrementar as zona peonís e reforzar o transporte público.
Para o BNG Asembleas Abertas estes días demóstrase que o modelo de mobilidade actual está totalmente esgotado e hai que tomar medidas. Rubén Arroxo insta ao goberno municipal a comenzar a traballar para dar unha solución ao tráfico en Lugo apostando por un modelo máis sostible e máis humano.
O voceiro do BNG Asembleas Abertas sinalou que o que está a suceder estes días demostra que o actual modelo está esgotado e hai que sentarse para buscar solucións. Arroxo apostou por analizar colectivamente cales son as solucións máis acaidas para a nosa cidade contando con quen sabe destes temas e con todas as persoas e colectivas que están implicadas, dalgún xeito, neste asunto.