A alcaldesa sigue ignorando á corporación e as ordenanzas municipais afirmou Rubén Arroxo
O voceiro do BNG Asembleas Abertas sinalou que igual que pasou coa ORA, o goberno non informou ao resto dos grupos sobre proxecto DUSI a pesares de que xa o compartiu co tecido asociativo do concello
Arroxo lembroulle á alcaldesa que existe unha ordenanza de uso de galego e criticou que non utilice o noso idioma nas comunicacións oficiais que remite dende concello
Lugo, 7 de xaneiro de 2016. O portavoz municipal do BNG Asembleas Abertas, Rubén Arroxo lamentou hoxe que a alcaldesa siga ignorando á corporación municipal. Arroxo valorou como positivo o feito de que se faga participe á sociedade e ao tecido asociativo dos proxectos e propostas do goberno municipal pero sinalou que entendemos que os grupos políticos deberiamos recibir a información polo menos cando se traslada a asociacións e colectivos. O voceiro nacionalista lembrou que igual que pasou coa ORA, o goberno non informou ao resto dos grupos sobre proxecto DUSI a pesares de que xa o compartiu co tecido asociativo do concello.
Rubén Arroxo explicou que non recibimos ningunha convocatoria nin explicación sobre o as intencións do goberno municipal a respecto do programa de Desarrollo Sostble Urbano Integrado. Para o BNG Asembleas Abertas trátase dunha estratexia errada de autobombo por parte do equipo de Lara Méndez que tenta lavar a cara despois de máis de medio ano de inactividade absoluta. Arroxo sinalou que non se pode permitir que volva a acontecer o mesmo que sucedeu coa ORA, cando o goberno tentou facer unha ordenanza de costas ao resto dos grupos e lembrou apuntou que o PSOE goberna en minoría.
Hai que tomar en serio un programa de fondos que pode aportar a Lugo uns 18 millóns de euros e nós somos os primeiros que somos conscentes desta responsabilidade que esto supón, cousa que parece ignorar o partido socialista dixo Rubén Arroxo e engadiu que a alcaldesa é a primeira que parece obviar o caracter espírito integrador que figura no propio nome deste programa que se desenvolverá con fondos europeos.
Uso do galego
Rubén Arroxo criticou o feito de que a alcaldesa non utilice o idimoa galego nas comunicacións oficiais que remite dende o concello e lembroulle que neste concello existe unha ordenanza de uso de galego que foi aprobada no seu momento por unanimidade do pleno da corporación. Dende o BNG Asembleas Abertas esixiremos que se de cumprimento a esta ordenanza de uso do galego para que se utilice en toda a documentación municipal.