O BNGAA pediulle ao Apalpador un equipo de tenis de mesa para PP e PSOE
Cada vez que hai un problema en Lugo PP e PSOE pásanse o balón reciprocamente, e mentres o problema sen resolver dixo Rubén Arroxo
Lugo, 27 de decembro de 2015. O concelleiro e a concelleira do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro pedíronlle por Nadal ao Apalpador un equipo de tenis de mesa para entregarllo ao PP e ao PSOE Cada vez que hai un problema en Lugo PP e PSOE pásanse o balón reciprocamente, e mentres tanto o problema sen resolver, polo que lles agasallamos isto a ver se así desafogan co de pasarse a pelota neste xogo e se poñen a traballar cando fai falla dixo Rubén Arroxo. Con esta orixinal iniciativa dende o grupo nacionalista agardan que tanto o PP coma o PSOE se decaten dunha vez de que as veciñas e veciños de Lugo precisan solucións e non pasarse o asunto dun bando ao outro tal e como acostuman en todos os plenos vemos que cando hai algo que resolver para o PSOE é responsabilidade da Xunta e para o PP do Concello, e así estamos, a casa sen barrer afirmou o portavoz nacionalista.
En palabras do BNG-Asembleas Abertas existen diversas cuestións deste tipo, nas que Lugo se ve prexudicado polo pouco entendemento entre os dous grupos, exemplos como o Cuartel de San Fernando, o colexio do Sagrado Corazón, o centro de ensino na zona sur, ou a conservación do Camiño Primitivo son algúns dos habituais puntos de desencontro. Nos 6 meses que levamos de mandato o normal xa é ver varias proposicións do PSOE en cada pleno instando algo á Xunta e que o PP responda que é responsabilidade do goberno municipal afirmou o concelleiro nacionalista. Este é un conflicto que non só se dá entre Concello e Xunta, tamén se acusan mutuamente cando se menciona a falta de persoal O PP di que a redución de persoal do Concello débese ao desgoberno do PSOE, e o PSOE deféndese en que a causa é a lexislación estatal, e mentres Lugo mirando como os servizos municipais se desmantelan afirmou Arroxo. Dende o grupo municipal do BNG están a avaliar se levar algún día a mesa de ping-pong ao propio salón de plenos Se cadra é mellor que gasten o tempo entreténdose coas palas e a bola, e deixen de burlarse de Lugo dixo Rubén Arroxo.