O BNGAsembleas Abertas solicita que se tome en serio a situación do ferrocarril
Para Rubén Arroxo O PSOE non pode facer electoralismo co ferrocarril e cando goberna nos deixe Lugo incomunicado
Lugo, 18 de decembro de 2015. O concelleiro do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo anunciou hoxe que os eu grupo ve nde presentar unha emenda á iniciativa do PSOE a respecto do ferrocarril A proposición que fai o PSOE non concreta nada, e mentres tanto Lugo queda sen tren afirmou Arroxo. A emenda que presenta o grupo nacionalista vai ligada a esixir a recuperación inmediata dos servizos que comunicaba nos diferentes concellos a liña A Coruña-Monforte ao seu paso por Lugo, e a que se inicie definitivamente o proceso de estudo para que Lugo conte canto antes con liña ferroviaria que o comunique coa Mariña e con Santiago de Compostela. O BNG-Asembleas Abertas leva moitos anos reclamando moitos anos o dereito de Lugo a estar comunicado pola vía de ferro, e neste mesmo mandato presentamos unha iniciativa no pleno do concello, pero nunca existíu interese do PP e do PSOE para que isto se solucionase Afirmou o portavoz nacionalista. O edil explicou que non serve para nada que Feijóo nos conte que imos tardar 3 horas en chegar a Madrid, cando nos resulta imposible chegar a Compostela, desprazamento este que fan centos de lucenses á semana.
Dende o BNG tamén cuestionaron o uso electoralista do PSOE con esta iniciativa O PSOE só se acorda do ferrocarril cando hai eleccións e está na oposición, e lembremos que estiveron 8 anos gobernando nos que fixeron o mesmo que o PP, desmantelar o servizo. Dende o grupo municipal nacionalista afirman que non van ceder nas súas esixencias Nós imos seguir pelexando para que Lugo teña tren, haxa eleccións ou non, veremos a ver o que fan outros grupos.