O BNG–Asembleas Abertas pide a elaboración dun novo PXOM

O BNG–Asembleas Abertas pide a elaboración dun novo PXOM

Para os nacionalistas, que sempre votaron contra o documento que agora está en cuestión, quedou claro que este PXOM é “unha trampa para Lugo”

“Os fillos do rural non poden facer a súa casa pero permítese que os especuladores fagan grandes urbanizacións” dixo Rubén Arroxo sobre o actual PXOM

Lugo, 16 de decembro de 2015. O portavoz municipal do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o grupo que representa emendará as propostas que o PP e ACE levarán ao Pleno do vindeiro luns. Arroxo apostou pola elaboración dun novo plan xeral que “hai que redactar contando coas veciñas e veciños”. Para os nacionalistas, que sempre votaron contra o documento que agora está en cuestión, quedou claro que este PXOM é “unha trampa para Lugo”.

IMG_1841

Rubén Arroxo díxo que “precisamos que na Comisión de Planeamento se incie o proceso para que Lugo conte cun novo ordenamento urbanístico racional e sostíbel que teña en conta as necesidades reais e o actual contexto socioeconómico do municipio, abrindo un novo procedemento verdadeiramente democrático e participativo. Para o BNG – Asembleas Abertas “é necesario que dende a comisión de planeamento do concello se inicie o traballo de elaboración novo ordenamento urbanístico a partir do 5% do actual PXOM que fica a día de hoxe sen aprobar.”

“Un plan xeral pensado para as veciñas e veciños de Lugo, non para os especuladores” asi difiniu Rubén Arroxo o modelo de urbanismo polo que aposta a formación que representa. “O novo plan xeral debe ter en conta as expansións dos núcleos rurais para que permita á xente seguir vivindo no rural” afirmou Arroxo. O novo PXOM non se pode deseñar para especular con urbanizables como ocurre co actual documento. Ademais Rubé Arroxo sinalou que “o plan urbanístico ten que estar pensado para un número de habitantes acorde coa realidade do noso entorno e non para os 300.000 que contemplaba o anterior”.

O BNG–Asembleas Abertas pide a elaboración dun novo PXOM