O BNGAsembleas Abertas pide a implantación dun plan de compostaxe nos centros escolares con comedor
Rubén Arroxo sinalou que moitos centros escolares de Lugo que teñen comedor tamén teñen hortos aos que se podería destinar o compost producido
Trátase de promocionar unha alternativa para reducir a cantidade de lixo que temos que enviar a SOGAMA
Lugo, 18 de marzo de 2016. O BNG Asembleas Abertas propúxolle ao goberno municipal que inicie un programa de compostaxe nos centros escolares que contan con comedor. O obxectivo sería a incorporación de colectores de compostaxe nos centros escolares para reciclar a materia orgánica. Segundo Rubén Arroxo no programa deberíase implicar no programa de compostaxe tanto ás ANPAS como ás empresas que, neste momento, xestionan so comedores.
Arroxo explicou que con esta iniciativa tratarías de involucrar aos centros educativos na reducción de lixo que o concello ten que procesar, á vez que busca conseguir que "os nenos e nenas se sintan pioneiros dunha acción que cremos é fundamental para todo, non só desde o punto de vista económico, senón tamén ambiental".
O voceiro do BNG Asembleas Abertas declarou que este sistema tamén incidirá na concienciación, a respecto da cantidade de comida que se desperdicia nos comedores. Desde os comedores escolares, monitores e monitoras contribuirían ao labor de concienciación dos máis pequenos sobre a importancia de aproveitar a comida. Rubén Arroxo sinalou que moitos centros escolares de Lugo que teñen comedor tamén teñen hortos aos que se podería destinar o compost producido